COMETS

Satélite de comunicacións xaponés.

COMETS (acrónimo de Communications and Broadcasting Engineering Test Satellite), coñecido tamén co nome de Kakehashi[3] (significando ponte[5]) é un satélite de comunicacións experimental xaponés lanzado o 21 de febreiro de 1998 mediante un foguete H-2 desde o centro Espacial de Tanegashima.[2][4]

COMETS (Kakehashi)
TipoSatélite de comunicacións.
OrganizaciónNASDA
Satélite deTerra
Data de lanzamento21 de febreiro de 1998[1][2][3]
Foguete portadorH-2[2][4]
Sitio de lanzamentoCentro Espacial de Tanegashima[2]
Obxectivo da misiónTelecomunicacións/experimental.[2][4][5]
NSSDC ID1998-011A
Masa2000 kg[2][4]
Datos orbitais
Semieixo maior15.757,4 km[1]
Inclinación30,1 graos[1]
Apoapse17.722,5 km[1]
Periapse1050,7 km[1]

Características editar

O obxectivo de COMETS foi probar novas tecnoloxías en comunicacións relacionadas coas comunicacións interorbitais, emisións avanzadas, servizos móbiles desde órbita e mellora de grandes satélites xeoestacionarios. Durante o lanzamento, o fallo da segunda etapa do foguete H-2 deixou ao satélite nunha órbita máis baixa do previsto, impedíndolle alcanzar a órbita xeoestacionaria.[2][3][4] Tras varias manobras orbitais o satélite foi posto nunha órbita recorrente desde onde se puideron levar a cabo algúns dos experimentos.[4]

As operacións co satélite finalizaron o 6 de agosto de 1999.[4]

Notas editar

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 N2YO (2011). Real Time Satellite Tracking, ed. "COMETS" (en inglés). Consultado o 31 de decembro de 2011. 
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 2,5 2,6 NASA (4 de novembro de 2011). "COMETS" (en inglés). Consultado o 31 de decembro de 2011. 
  3. 3,0 3,1 3,2 "Note verbale dated 19 April 1999 from the Permanent Mission of Japan to the United Nations (Vienna) addressed to the Secretary-General" (PDF) (99-84383 (E)). 25 de maio de 1999. Consultado o 31 de decembro de 2011. 
  4. 4,0 4,1 4,2 4,3 4,4 4,5 4,6 Gunter Dirk Krebs (2011). Gunter's Space Page, ed. "COMETS (Kakehashi)" (en inglés). Consultado o 31 de decembro de 2011. 
  5. 5,0 5,1 Mark Wade (2011). "COMETS" (en inglés). Consultado o 31 de decembro de 2011.