CHP Sant Feliu
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde xullo de 2017.) |
O Club Hoquei Patins Sant Feliu é un equipo de hóckey a patín da localidade de Sant Feliu de Codines, na comarca do Vallès Oriental (Cataluña). Actualmente xoga na máxima categoría do hóckey a patíns español, a OK Liga.
C.H.P. Sant Feliu | |
---|---|
Cidade | Sant Feliu de Codines, Barcelona, Cataluña |
Historia | 1974 |
Fundado | 1974 |
Pavillón | Pavillón Cassart i Roca (500) |
Competición | OK Liga |
Cores | Vermello, branco e negro |
Na rede | |
http://www.chpsantfeliu.cat | |
Sitio web Sitio web oficial |
Historia
editarO Club Hoquei Patíns Sant Feliu naceu en 1974, cando un grupo de rapaces comezaron a xogar cuns sticks na pista de baloncesto da escola. Os pai dos rapaces, vendo a afección dos seus fillos, pediron permiso e axuda ao Concello para arranxar a pista, poñendo os alicerces do futuro club.
O primeiro equipo estivo formado por Toni e Ignasi Vallcorba, Joan Cendra, Josep Poneda, Magi Vallcorba, J.Antoni Adell, Josep e Jordi Bonamich, Ernest Pujol e Toni Pujol, e foron seus pais os que cos seus esforzos fundaron e club.
O primeiro adestrador do club foi o ex xogador internacional do Espanyol de Barcelona, Rubio.
En 1976 creouse a sección de patinaxe artística, que se federou na Federación de Patinaxe, e a sección de ciclo trial, que se federou á Federación Ciclista. Co crecemento do club, os pais dos xogadores pediron ao Concello a construción dunha pista polideportiva que se construiría ao ano seguinte.
En 1980 organizouse o primeiro Torneig Vila de Sant Feliu, e tres anos despois, a petición dos membros do Club Hoquei Sant Feliu, a pista polideportiva cubriuse.
Co club consolidado comezáronse a organizar diversos torneos, como o Torneig de Reis (en 1985) ou o Torneig de Tardor (en 1987). Dende 1987 ata a actualidade, o club foi ampliando e consolidando tódalas súas seccións, ata ter un nome importante no hóckey a patíns, patinaxe e ciclismo.
Véxase tamén
editarA Galipedia ten un portal sobre: Hóckey a patíns |