CAMEO
Satélite artificial dos Estados Unidos
CAMEO (acrónimo de Chem Act Mtrls Eject Orb) foi un satélite artificial da NASA lanzado o 24 de outubro de 1978 desde a base Vandenberg da Forza Aérea mediante o mesmo foguete Delta 2910 que puxo en órbita o satélite Nimbus 7.[2][4]
CAMEO | |
---|---|
Tipo | Estudo da ionosfera e a magnetosfera. |
Organización | NASA |
Satélite de | Terra |
Data de lanzamento | 24 de outubro de 1978[1][2] |
Foguete portador | Delta 2910[2][3][4] |
Sitio de lanzamento | Base Vandenberg da Forza Aérea[2] |
Obxectivo da misión | Estudo da ionosfera e magnetosfera terrestres mediante a liberación de substancias químicas en órbita.[2][3] |
NSSDC ID | 1978-098B |
Masa | 89 kg[3][5] |
Datos orbitais | |
Semieixo maior | 7323 km[1] |
Inclinación | 99,6 graos[1] |
Apoapse | 973,4 km[1] |
Periapse | 930,5 km[1] |
Características
editarCAMEO ía acoplado á segunda fase do foguete Delta co que se lanzou o Nimbus 7. A misión do satélite consistiu en liberar gases de cinco recipientes en diferentes momentos da súa órbita para observar o seu comportamento e interacción coa ionosfera e magnetosfera terrestres e estudar as auroras polares.[2][3]
O satélite levaba un recipiente con litio e os restantes catro con bario. A liberación do barios dos catro recipientes tivo lugar a unha altura de 965 km sobre o polo norte entre as latitudes 76 e 84.[3]
Notas
editar- ↑ 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 N2YO (2011). Real Time Satellite Tracking, ed. "DELTA 1 R/B(+CAMEO)" (en inglés). Consultado o 30 de decembro de 2011.
- ↑ 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 2,5 NASA (4 de novembro de 2011). "CAMEO" (en inglés). Consultado o 30 de decembro de 2011.
- ↑ 3,0 3,1 3,2 3,3 3,4 Gunter Dirk Krebs (2011). Gunter's Space Page, ed. "CAMEO" (en inglés). Consultado o 30 de decembro de 2011.
- ↑ 4,0 4,1 Gunter Dirk Krebs (2011). Gunter's Space Page, ed. "Delta-2910" (en inglés). Consultado o 21 de xuño de 2012.
- ↑ Mark Wade (2011). "CAMEO" (en inglés). Consultado o 30 de decembro de 2011.