César Umajinga

político ecuatoriano

César Umajinga Guamán, nado en Pujilí en 1969,[1] é un político indíxena ecuatoriano que foi prefecto da provincia de Cotopaxi durante 12 anos consecutivos.

Infotaula de personaCésar Umajinga

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento1969 Editar o valor em Wikidata (54/55 anos)
Pujilí, Ecuador (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
National Assembly Deputy (en) Traducir
Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEcuador Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico Editar o valor em Wikidata
Partido políticoPachakutik (–2022)
Movimiento Sociedad Unida Más Acción (en) Traducir (2022–) Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Naceu na parroquia Zumbahua do cantón Pujilí, provincia de Cotopaxi.[2]

Iniciou a súa vida política ao ser elixido prefecto provincial de Cotopaxi nas eleccións seccionais de 2000 polo movemento Pachakutik, converténdose no primeiro indíxena en ser elixido para dito cargo na provincia.[1] Foi reelixido nas eleccións de 2004 e de 2009.[3][4]

Dende o seu papel de líder indíxena promoveu protestas contra os gobernos de Jamil Mahuad e Lucio Gutiérrez.[5][1]

En xaneiro de 2007 entregou persoalmente o bastón de mando ao presidente Rafael Correa, de quen fora alumno na súa mocidade, como parte da celebración de toma de poder do presidente ante as organizacións indíxenas. Posteriormente converteuse en opositor do goberno de Correa.[1]

O 30 de abril de 2012 a Controlaría Xeral do Estado emitiu un ditame en que se notificaba a destitución de Umajinga por cometer actos de nepotismo en contratacións públicas e pola utilización de forma indebida de recursos da prefectura.[6] O bloque lexislativo do movemento Pachakutik reaccionou ante o ditame e aseverou nunha rolda de prensa que se trataba dunha persecución política contra os dirixentes indíxenas que se mostraron contrarios ao goberno.[7] En xuño do mesmo ano o consello provincial acatou o ditame e retirou do cargo a Umajinga, nomeando no seu lugar a Blanca Guamangate.[8]

Nas eleccións lexislativas de 2013 foi elixido asembleísta nacional en representación da provincia de Cotopaxi polo movemento Pachakutik.[9]

Notas editar

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 Álvarez, Lorena (21 de maio de 2012). "Umajinga, el alumno de Rafael que discrepa y es cuestionado". El Universo (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 23 de maio de 2012. Consultado o 9 de decembro de 2016. 
  2. "El prefecto". El Universo (en castelán). 6 de setembro de 2004. Arquivado dende o orixinal o 21 de abril de 2016. Consultado o 9 de decembro de 2016. 
  3. Informe do Consello Nacional Electoral. Resultados elecciones seccionales 2004. Consultado o 9 de decembro de 2016.
  4. "Cotopaxi proclamó a sus autoridades". El Universo (en castelán). 9 de xuño de 2009. Arquivado dende o orixinal o 7 de novembro de 2016. Consultado o 9 de decembro de 2016. 
  5. "Protestas se tornan violentas". La Hora (en castelán). 17 de febreiro de 2004. Arquivado dende o orixinal o 9 de decembro de 2016. Consultado o 9 de decembro de 2016. 
  6. "Contraloría notifica destitución de César Umaginga, prefecto de Cotopaxi". La Hora (en castelán). 16 de maio de 2012. Arquivado dende o orixinal o 9 de decembro de 2016. Consultado o 9 de decembro de 2016. 
  7. "Umajinga no dejará la Prefectura y apelará la sanción de Contraloría". El Telégrafo (en castelán). 18 de maio de 2012. Arquivado dende o orixinal o 9 de decembro de 2016. Consultado o 9 de decembro de 2016. 
  8. "Incidentes en sesión que destituyó al prefecto de Cotopaxi, César Umajinga". El Telégrafo (en castelán). 12 de xuño de 2012. Arquivado dende o orixinal o 9 de decembro de 2016. Consultado o 9 de decembro de 2016. 
  9. "Asambleístas para el período 2013-2017". Ecuavisa (en castelán). 14 de maio de 2013. Arquivado dende o orixinal o 15 de xuño de 2013. Consultado o 9 de decembro de 2016.