Célula xigante do corpo estraño

Unha célula xigante do corpo estraño é unha célula de gran tamaño formada pola fusión de macrófagos, que se xeran en resposta á presenza no tecido dun corpo estraño grande (estela de madeira, fragmento metálico etc.). Son particularmente evidentes nos implantes que causan inflamación crónica e unha resposta ao corpo estraño.[1]

Imaxe histopatolóxica obtida nunha autopsia nun caso de pneumonía por aspiración nun paciente vello cunha enfermidade neurolóxica debilitante. Obsérvase a reacción de células xigantes do corpo estraño. Tinguidura de hematoxilina-eosina.
Reacción de célula xigante do corpo estraño a unha sutrura. Tinguidura de hematoxilina-eosina.

Nas inflamacións crónicas arredor dun corpo estraño grande, que non pode ser fagocitado, os macrófagos agrúpanse apretándose mutuamente e adquirindo formas poligonais (nese estado reciben o nome de células epitelioides), e fusiónanse formando masas multinucleadas, que son as células xigantes do corpo estraño. En cultivos celulares de macrófagos puros mantidos durante moito tempo pode observarse tamén a reacción de formación de células xigantes na parede de vidro do recipiente de cultivo; neste caso a parede do frasco actuaría como corpo estraño [2].

As células son multinucleadas e os núcleos están dispostos dunha maneira desorganizada.[3] Isto contrasta co que se observa noutras células xigantes como as de Langhans, nas que os núcleos se dispoñen nas beiras da célula.

Notas editar

  1. MeshName - Foreign+Body+Giant+Cell
  2. D. W. Fawcett. Tratado de Histología. Editorial Interamericana-Mc. Graw Hill. 11ª edición. Páxinas 155. ISBN 84-7605-361-4
  3. "Inflammation". 

Véxase tamén editar