Cátodo
Un cátodo é un eléctrodo que sofre unha reacción de redución,[1] mediante a cal un material reduce o seu estado de oxidación ao recibir electróns.
A | Pila galvánica | Célula electrolítica |
---|---|---|
Tipo de transformación | Enerxía química → Enerxía eléctrica[2] | Energía eléctrica → Energía química |
Eléctrodo positivo | Cátodo (redución) | Ánodo (oxidación) |
Eléctrodo negativo | Ánodo (oxidación) | Cátodo (redución) |
|
A polaridade do cátodo, positiva ou negativa, depende do tipo de dispositivo. Ás veces, condiciónaa o modo de operación, pois se establece segundo a dirección da corrente eléctrica, atendendo á definición universal de corrente eléctrica. En consecuencia, nun dispositivo que consome enerxía (como unha cela electrolítica) o cátodo é negativo, e nun dispositivo que proporciona enerxía, como unha pila voltaica (ou pila de Volta ou unha batería) o cátodo é positivo.[3]
Etimoloxía
editarO termo foi inventado por Michael Faraday (serie VII das Investigacións experimentais sobre a electricidade), co significado de camiño descendente ou de saída, pero referido exclusivamente ao electrólito dunha cela electroquímica.
Convencionalidade de sentidos
editarA súa vinculación ao polo negativo do correspondente xerador implica a suposición de que a corrente eléctrica marcha polo circuíto exterior desde o polo positivo ao negativo, é dicir, transportada por cargas positivas, convención que é a usual. Se o condutor externo fose metálico, está demostrado que o sentido da corrente realmente é o percorrido polos electróns cara ao positivo.
Con todo, nunha célula electrolítica, o condutor é o electrólito, non un metal, e nel poden coexistir ións negativos e positivos que tomarían sentidos opostos ao desprazarse. Por convenio adóptase que o sentido da corrente é o do ánodo ao cátodo ou, o que é o mesmo, do positivo ao negativo.
No caso das válvula termoiónicas, díodos, tiristores, fontes eléctricas, pilas etc. o cátodo é o eléctrodo ou terminal de menor potencial e é a fonte primaria de emisión de electróns. Polo tanto, nunha reacción redox corresponde ao elemento que se reducirá.
Cátodo termoiónico
editarÉ un eléctrodo que, por efecto da calor, emite electróns (efecto termoiónico).[4] Nestes dispositivos, (válvulas termoiónicas) conéctanse á tensión negativa e á fonte de electróns. O cátodo pode calentarse por si mesmo, facendo circular unha corrente de caldeo, ou mediante un filamento ao que este acoplado termicamente.
Para prolongar a duración eficiente dos dispositivos termoiónicos utilízanse materiais que, a baixas temperaturas, aporten grande emisión de electróns. Por iso, empréganse aliaxes de torio, volframio (tamén coñecido como tungsteno) e lantánidos, o cátodo recúbrese con óxido de calcio.
Notas
editar- ↑ Quiimica General (en español). Universidad Nac. del Litoral. ISBN 9789875085961. Consultado o 2 de xullo de 2021.
- ↑ Sara Aldabe, Pedro Aramendia. Química 2. Química en acción (en español). Ediciones Colihue SRL. ISBN 9789505813445. Consultado o 2 de xullo de 2021.
- ↑ Julian Rodríguez Fernández. Equipos eléctricos y electrónicos (en español). Ediciones Paraninfo, S.A. ISBN 9788428335454. Consultado o 2 de xullo de 2021.
- ↑ S. Burbano de Ercilla, E. Burbano García, C. García Muñoz. Física general (en español). Editorial Tebar. ISBN 9788495447821. Consultado o 2 de xullo de 2021.