Cántico das criaturas

O Cántico das criaturas (en italiano: Cantico delle creature; en latín: Laudes Creaturarum), tamén coñecido como Cántico do irmán sol, é un cántico relixioso cristián composto por San Francisco de Asís en dialecto umbro a finais de 1224 ou inicios de 1225, pouco antes da súa morte.[1]

Francisco de Asís dándolles un sermón ás aves. Fresco de Giotto na basílica en Asís
San Francisco en meditación, obra de Francisco de Zurbarán (1639). A caveira, que Zurbarán incluíu en varias das súas representacións do santo, simboliza «a nosa irmá morte corporal» (sora nostra Morte corporale), tal e como Francisco a chamou no Cántico das criaturas

Francisco, enfermo e case cego, estaba fortemente decepcionado pola marcha da orde que fundara.[1] Nunha noite de tormento espiritual, saíu da súa casoupa e elaborou o cántico como expresión de gabanza a todas as criaturas da tehttps://www.bugattipage.com/jacob/type/68.htmlrra e ás forzas da natureza. O texto, amais, contén elementos da lingua latina, toscana e italiana. É considerada unha das primeiras obras en lingua italiana.

Conforme a tradición, o cántico foi entoado por primeira vez polo propio san Francisco de Asís e polos irmáns León e Anxo, dous dos seus compañeiros máis próximos.

Ao contrario ca outros cánticos relixiosos da época, non se enfoca unicamente a Deus, a Virxe ou a outros santos, senón que lle agradece ao Creador por criaturas como o “Irmán Lume”, a “Irmá Auga”, a “Irmá Terra” e todas as criaturas do mundo. Mostraba así a súa crenza de que todo o creado era obra divina e que todos os seres debían ser tratados como “irmáns” e “irmás”. Amais, San Francisco advirte do grave risco de marchar deste mundo en pecado mortal.

Historicamente, o Cántico das criaturas foi mencionado por primeira vez en Vita Prima de Tommaso dá Celano, en 1228.

Este cántico inspirou ao papa Francisco para redactar a súa encíclica Laudato si' sobre o coidado da casa común, tamén coñecida como «a encíclica ecolóxica».[2]

Texto completo editar

Texto orixinal en dialecto umbro Tradución ao galego

Altissimu, onipotente bon Signore,
Tue so' le laude, la gloria e l'honore et onne benedictione.

Ad Te solo, Altissimo, se konfano,
et nullu homo ène dignu te mentovare.

Laudato sie, mi' Signore cum tucte le Tue creature,
spetialmente messor lo frate Sole,
lo qual è iorno, et allumeni noi per lui.

Et ellu è bellu e radiante cum grande splendore:
de Te, Altissimo, porta significatione.

Laudato si', mi Signore, per sora Luna e le stelle:
in celu l'ài formate clarite et pretiose et belle.

Laudato si', mi' Signore, per frate Vento
et per aere et nubilo et sereno et onne tempo,
per lo quale, a le Tue creature dài sustentamento.

Laudato si', mi' Signore, per sor Aqua,
la quale è multo utile et humile et pretiosa et casta.

Laudato si', mi Signore, per frate Focu,
per lo quale ennallumini la nocte:
ed ello è bello et iocundo et robustoso et forte.

Laudato si', mi' Signore, per sora nostra matre Terra,
la quale ne sustenta et governa,
et produce diversi fructi con coloriti flori et herba.

Laudato si', mi Signore, per quelli che perdonano per lo Tuo amore
et sostengono infirmitate et tribulatione.

Beati quelli ke 'l sosterranno in pace,
ka da Te, Altissimo, sirano incoronati.

Laudato si' mi Signore, per sora nostra Morte corporale,
da la quale nullu homo vivente po' skappare:
guai a quelli ke morrano ne le peccata mortali;
beati quelli ke trovarà ne le Tue sanctissime voluntati,
ka la morte secunda no 'l farrà male.

Laudate et benedicete mi Signore et rengratiate
e serviateli cum grande humilitate...

Altísimo e omnipotente bo Señor,
túas son as loanzas, a gloria e o honor e toda beizón.

A ti só, Altísimo, te conveñen
e ningún home é digno de te nomear.

Loado sexas, meu Señor, en todas as túas criaturas,
especialmente no irmán sol,
por quen nos dás o día e nos alumeas.

E é belo e radiante con grande esplendor,
de ti, Altísimo, leva significación.

Loado sexas, meu Señor, pola irmá lúa e as estrelas,
no celo formáchelas claras e preciosas e belas.

Loado sexas, meu Señor, polo irmán vento
e polo ar e a nube e o ceo sereno e todo tempo,
por todos eles ás túas criaturas lles dás sustento.

Loado sexas, meu Señor, pola irmá Auga,
a cal é moi humilde, preciosa e casta.

Loado sexas, meu Señor, polo irmán lume,
polo cal alumeas a noite,
e é belo e alegre e vigoroso e forte.

Loado sexas, meu Señor, pola irmá a nosa nai terra,
a cal nos sostén e goberna
e produce diversos froitos con coloridas flores e herbas.

Loado sexas, meu Señor, por aqueles que perdoan polo teu amor,
e sofren enfermidade e tribulación;
felices os que as sufran en paz,
porque de ti, Altísimo, coroados serán.

Loado sexas, meu Señor, pola nosa irmá morte corporal,
da cal ningún home vivinte pode escapar.
Ai daqueles que morran en pecado mortal.
Felices aos que atopará na túa santísima vontade
porque a morte segunda non lles ha facer mal.

Loen e bendigan o meu Señor
e déanlle grazas e sírvano con gran humildade...

Notas editar

  1. 1,0 1,1 Martínez, Jorge (2014). En el sentir de Francisco. Ciudad de Buenos Aires: Dunken. p. 34 y siguientes. ISBN 978-987-02-7174-1. 
  2. Boo, Juan Vicente (15 de xuño de 2015). "Estas son las claves de la encíclica ecológica del papa Francisco". ABC Sociedad. Consultado o 21 de marzo de 2016. 

Ligazóns externas editar