Bush Tetras é unha banda estadounidense de post-punk procedente de Nova York. Foi moi popular na escena de clubs de Manhattan e nas radios universitarias a principios dos 80, pero que nunca acadou o éxito entre o gran público. A súa música combina ritmos funk con disonantes riffs de guitarra.

Bush Tetras
OrixeNova York,
Período1979 - 1983
1995 - 1998
2005 - presente
Xénero(s)post-punk, no wave, dance punk, punk funk
Selo(s) discográfico(s)ROIR
MembrosPat Place
Dee Pop
Cynthia Sley
Julia Murphy
Artistas relacionadosThe Contortions, Lovelies, Command V
Na rede
IMDB: nm3163967 Facebook: bushtetras MySpace: bushtetras Bandcamp: bushtetrasnyc Spotify: 2X2Q1fpEwW7WtZxXb4acYb iTunes: 6734086 Musicbrainz: 0fa623ce-9d1a-4b14-b6a3-19c79317a22f Songkick: 124324 Discogs: 24051 Allmusic: mn0000640269 Editar o valor em Wikidata

Historia editar

A guitarrista Pat Place e a vocalista Cynthia Sley produciron os aspectos máis distintivos do son de Bush Tetras. As liñas de guitarra de Place eran rítmicas e cheas de distorsión. Place fora a guitarrista orixinal e un dos membros fundadores da banda de no wave The Contortions. Con Bush Tetras Place continuou perseguindo algunhas das ideas musicais que explorara en The Contortions, aínda que o seu distintivo estilo co slide está ausente en moitas das cancións de Bush Tetras. As voces de Sley eran medio faladas e medio cantadas. En cancións como "Too Many Creeps" e "Can't Be Funky", repetía frases sinxelas unha e outra vez, creando unha monotonía hipnótica semellante aos ritmos de guitarra de Place.

Place apareceu nalgunha películas de Vivienne Dick, coprotagonizadas con Lydia Lunch e outros músicos da florecente comunidade musical de Nova York de finais dos 70 e principios dos 80. Esas aparicións axudaron a que a banda coseguise unha prominente posición na escena da cidade nos comezos dos 80. O movemento post-punk revival dos anos 2000 en Nova York acompañouse dun rexurdimento do interese por ese período, coa influencia de Bush Tetras presente en moitas bandas desa escena.

O grupo conseguiu dous éxitos dance nos Estados Unidos nos primeiros anos 80 ("Too Many Creeps" que chegou ao número 57 en 1981, e "Can't Be Funky/Cowboys in Africa" que acadou o 32 en 1982), antes da súa separación inicial.[1]

Sley uniuse posteriormente con Ivan Julian de Richard Hell and the Voidoids para formar Lovelies. Xuntos editaron un percusivo álbum post-punk en 1988, Mad Orphan (109 Records). En 2008 formou Command V con Pat Irwin de The Raybeats e B-52s, e Rachel Dengiz. A banda publicou un álbum auto-titulado no ano 2012 a través de Mush Records. O batería Dee Pop tocou e gravou con distintos grupos de jazz ou de rok despois da separación de Bush Tetras.

A banda reformouse brevemente a mediados dos anos 90 e publicou o álbum Beauty Lies en 1997. O ano seguinte gravaron un disco titulado Happy co produtor Don Fleming, pero non sería publicado ata 2012. En 2005 engadiron á baixista Julia Murphy e tocaron na cidade de Nova York. No verán do ano 2006 o grupo saíu de xira por Europa.

Laura Kennedy, a baixista orixinal da banda, morreu o 14 de novembro de 2011 tras unha longa enfermidade de fígado.[2]

En febreiro de 2013, Cindy Rickmond (anteriormente en Cheap Perfume, Grayson Hugh, Church of Betty e Unknown Gender) substituíu a Murphy como baixista da banda.[3]

Discografía editar

Álbum Ano Selo Observacións
Wild Things 1983 ROIR só en casete
Beauty Lies 1997 Polygram
Very Very Happy 2007 ROIR

Notas editar

  1. Allmusic (ed.). "Temas de Bush Tetras nas listas". Consultado o 6 de abril de 2016. 
  2. Tiny Mix Tapes (ed.). "RIP: Laura Kennedy of Bush Tetras". Consultado o 6 de abril de 2016. 
  3. ROIR (ed.). "Bush Tetras have a new bassist... meet Cindy Rickmond!". Consultado o 6 de abril de 2016.