Burro zamorano-leonés

A raza zamorano-leonesa é unha raza autóctona de burros caracterizada pola abundante e longa pelaxe (que se utilizou na elaboración de mantas) e a súa capa típica escura, case negra (descrita tecnicamente como “negra mal tinxida”), con degradacións cara ao gris prateado ó redor do fociño e dos ollos e nas axilas, ventre e bragadas.

Procede do Equus asinus somaliensis, coma as outras razas de burros negros do norte de España, e estivo amplamente representada nas provincias de Zamora e Salamanca, quedando agora reducida a uns poucos lugares de Zamora nun centro de recuperación de razas asnais en perigo de extinción en Écija (Sevilla).

Descrición editar

 
Burro de raza zamorano-leonesa (marzo 2006).

O pescozo é recto e musculoso, a cruz pouco desenvolvida e o recadén elevado (o que lle dá un aspecto menos ergueito có burro catalán ou o andaluz, por exemplo), o dorso recto e o ventre prominente e caído (carácter propio das razas rústicas). As patas son fortes e curtas, con pelo abundante.

A cabeza é grande e alargada. As orellas, de ancha base, separadas cara ós lados e inclinadas, con pelos longos no seu bordo interno que ás veces caen en forma de trenzas que alí denominan, comunmente, pinganillos. Tamén é moi característico o crecemento de pelo na rexión intermandibular, a modo dunha barba.

O peso medio dos machos chega ós 350 kg, cunha alzada duns 150 cm, e o das femias, a 250–300 kg.

Protección editar

O Libro Xenealóxico desta raza foi creado nos anos corenta, nas provincias de León e Zamora, pero isto non tivo ningún efecto significativo na conservación da raza. En 1980, o Ministerio de Agricultura e Pesca catalogouna como de protección especial e en 1997 estaba considerada como en perigo de extinción. A partir de 1982 é obxecto de medidas de protección e reprodución controlada no Servizo de Cría Cabalar e Remonta de Écija.

O censo da raza, segundo a Asociación de Criadores ASZAL, é duns 1.300 exemplares, dos que só 35 son machos aptos para a reprodución.

O Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación recoñece como entidade de criadores de équidos organ ofic reconoc.pdf, concretamente do burro de raza zamorano-leonesa a Asociación Nacional de Criadores de Ganado Selecto de Raza Asnal Zamorano-Leonesa (ASZAL), domiciliada en Zamora.

Véxase tamén editar

OUtros artigos editar

Ligazóns externas editar