Bureta
A bureta é un instrumento de laboratorio que se emprega cando se quere engadir cantidades de líquidos que cómpre controlas para empregalas en cálculos posteriores.
![](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/7/71/Burette.png/50px-Burette.png)
Un tubo característico de bureta está dividido en décimas de centímetros cúbicos, polo que non é moi apto para as medicións de maior precisión. Se os fluídos son pouco viscosos, como ocorre con algúns disolventes orgánicos, poden chegar a pingar polo burato inferior. Tamén, algúns líquidos polares poden adherirse á parede da bureta provocando unha distorsión dos datos importante de máis para certos usos. Pola mesma razón, non se adoitan usar buretas de menos de 5 ml; e o límite superior adoita situarse en 50 ml.
Para manipular unha bureta o máis habitual é suxeitala sobre o soporte de maneira que se poida ver a escala graduada.
Para manexar a chave que abre ou pecha a saída de líquido emprégase a man esquerda, deixando a dereita libre para manipular o recipiente en que o líquido debe caer.
A vista non debe fixarse na chave da bureta, senón no nivel descendente do líquido. Enrasar a bureta é enchela de xeito tal que a base do menisco formado polo líquido coincida exactamente co cero da bureta.
Utilidade
editarEmprégase principalmente para medir con precisión volumes e líquidos variables.
V (ml) | Tolerancia (ml) |
---|---|
10 | ±0,02 |
25 | ±0,03 |
50 | ±0,05 |
Historia
editarA historia da bureta discorre en paralelo á da análise volumétrica. en 1791 François Antoine Henri Descroizilles desenvolveu o primeiro modelo, que tiña forma de cilindro graduado. En 1824 Louis-Joseph Gay-Lussac creou unha versión mellorada que incorporaba un brazo lateral, e ademais fixou as denominacións de bureta e pipeta. Un gran avance na metodoloxía e popularización da análise volumétrica débeselle a Karl Friedrich Mohr, que redeseñou a bureta engadíndolle unha pinza e un remate en punta na parte inferior.[1]
Notas
editar- ↑ Louis Rosenfeld. Four Centuries of Clinical Chemistry. CRC Press, 1999, p. 72-75.
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Bureta |