Bujar Nishani
Bujar Faik Nishani, nado en Durrës o 29 de setembro de 1966, é un político albanés militante do Partido Democrático de Albania, actual Presidente de Albania desde o seu nomeamento como novo presidente o día 24 de xullo de 2012. Como resultado da súa vitoria Bujar Nishani foi elixido no Parlamento albanés cunha maioría simple de 73 votos dun total de 140, sen o consenso da oposición, substituíndo a Bamir Topi.
Bujar Nishani | |
---|---|
![]() | |
Presidente de Albania | |
Período | 24 de xullo de 2012 - actualidade |
Antecesor | Bamir Topi |
Datos persoais | |
Nacemento | 29 de setembro de 1966 |
Durrës | |
Organización | Partia Demokratike e Shqipërisë, PD |
Cónxuxe | Odeta Ali Nishani |
Alma máter | Skanderbeg Military University e Universidade de Tirana |
Profesión | militar e político |
Relixión | Islam |
![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] |
Anteriormente, Bujar Nishani ocupou diversos cargos políticos no Goberno de Albania durante os gobernos de Alfred Moisiu e Bamir Topi, en primeiro lugar sendo xefe de relacións exteriores no Ministerio de Defensa e como xefe da oficina da OTAN nas relacións no Ministerio de Relacións Exteriores, tamén foi Ministro de Interior consecutivamente desde os anos 2007-2009 e 2011-2012, e Ministro de Xustiza entre os anos 2009 e 2011.