Buenas Noches
Buenas Noches foi un semanario editado en Rianxo entre 1911 e 1914.
Buenas Noches | |
---|---|
[ editar datos en Wikidata ] |
Historia e características
editarSubtitulado Periódico Independiente, apareceu o 17 de xuño de 1911. De tendencia liberal, en principio foi un periódico manuscrito dirixido por José Barreiro e José María Varela. A partir do número 10 imprimiuse na “Imprenta de Rianjo”, pasando a ser quincenal. A partir de marzo de 1912 pasou a denominarse Semanario Liberal. A partir do número 20 apareceu con formato novo e editouse en Vilagarcía de Arousa. Volveu cambiar formato a partir do número 65 (4 de xaneiro de 1913). Foi voceiro da casa Varela, daquela baixo o control de Manuel Viturro e da familia Gasset. Os seus colaboradores asinaban con pseudónimos (Fanático, Vingador, Taravinoche, Chiflado, Avechuco). Mantivo polémica con El Barbero Municipal.
Véxase tamén
editarBibliografía
editar- Santos Gayoso, Enrique (1990). Historia de la Prensa Gallega 1800-1986. Sada: Do Castro. ISBN 84-7492-489-8.