Budelli é unha illa no arquipélago da Maddalena (italiano: Arcipelago di La Maddalena), cerca do estreito de Bonifacio, no norte de Sardeña, Italia. Forma parte do Parque Nacional La Maddalena.

Budelli
Praia rosa
Situación
PaísItalia Italia
ProvinciaSassari
ArquipélagoArquipélago da Maddalena
MarMar Tirreno
CoordenadasCoordenadas: 41°17′01″N 9°21′03″L / 41.283611111111, 9.3508333333333
Xeografía
Superficie1´60 km²
Perímetro12´3
Punto máis alto87
Demografía
Poboación1 hab.
Lingua propiaItaliano

Budelli atópase a varios centos de metros ao sur das illas Razzoli e Santa María. Ten unha superficie de 1´6 km² e un perímetro costeiro total de 12´3 km. O punto máis alto é Monte Budello, con 87 m.

Budelli é considerada unha das illas máis fermosas do mar Mediterráneo. É especialmente coñecida pola súa "Spiaggia Rosa" (praia rosa), no sueste da illa, que debe a súa cor típica a fragmentos microscópicos de corais e cunchas como a Miriapora truncata e Miniacina miniacea. Budelli é unha das catro illas deshabitadas no arquipélago da Maddalena: as outras son Caprera, Spargi e Razzoli.

A illa foi comprada en outubro de 2013 por 2´94 millóns de euros, trala creba do anterior propietario. O novo comprador era un neozelandés, que intentou protexer o ecosistema na illa.[1] Con todo, a Corte Suprema italiana aprobou leis para iniciar o proceso de recuperación da illa, que agora é administrada e protexida pola xunta do parque nacional.[2]

Notas editar

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar