Bryan é unha cidade, sede do condado de Brazos no estado de Texas, Estados Unidos. O lema da cidade é The Good Life, Texas Style.

Modelo:Xeografía políticaBryan, Texas
Imaxe

Nomeado en referencia aWilliam Joel Bryan (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Localización
Editar o valor em Wikidata Mapa
 30°39′56″N 96°22′00″O / 30.6656, -96.3667Coordenadas: 30°39′56″N 96°22′00″O / 30.6656, -96.3667
EstadoEstados Unidos de América
Estado federadoTexas
County of Texas (en) TraducirCondado de Brazos (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Capital de
Poboación
Poboación83.980 (2020) Editar o valor em Wikidata (710,67 hab./km²)
Número de fogares30.647 (2020) Editar o valor em Wikidata
Xeografía
Situado na entidade territorial estatísticaBryan–College Station (en) Traducir Editar o valor em Wikidata (Poboación:268.248) Editar o valor em Wikidata
Superficie118,170039 km² Editar o valor em Wikidata
Auga0,1982 % (1 de abril de 2010) Editar o valor em Wikidata
Altitude114 m Editar o valor em Wikidata
Datos históricos
FundadorHouston and Texas Central Railway (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Creación1872 Editar o valor em Wikidata
Organización política
• Xefe do gobernoBobby Gutierrez (en) Traducir (2022–) Editar o valor em Wikidata
Identificador descritivo
Código postal77801, 77802, 77803, 77807 e 77808 Editar o valor em Wikidata
Fuso horario
Prefixo telefónico979 Editar o valor em Wikidata
Outro
Irmandado con

Páxina webbryantx.gov Editar o valor em Wikidata
Twitter: CityofBryan Editar o valor em Wikidata

Xeografía editar

Bryan localízase preto do centro xeográfico do condado, a 150 km ao noroeste de Houston, 270 km ao nordeste de San Antonio e case á mesma distancia ao sur de Dallas. A cidade ten unha área total de 112,3 km², dos cales 0,2 km² corresponden a augas.

Comunicacións editar

Bryan enlaza coas autoestradas 6, 21 e 190 e as estradas 158, 1179, 1687 e 1688, tamén ten conexións co Missouri Pacific Railroad e co Southern Pacific Railroad.

Demografía editar

Segundo o censo do ano 2000 vivían na cidade 65.660 persoas en 23.759 domicilios con 14.873 familias. A densidade de poboación era de 584,9 habitantes por km². A composición étnica da poboación era a seguinte, 64,65% brancos, 17,72% afroamericanos, 0,40% nativos americanos, 1,65% asiáticos, 0,08% polinesios e melanesios e 13,32% doutros grupos étnicos. Aproximadamente 2,17% eran de ascendencia mixta e 27,83% da poboación era hispana. Dos 23.759 domicilios, 32,3% tiñan nenos con menos de 18 anos que vivían no seo da familia. 44,2% eran casados ou en cohabitación. 14,0% eran nais solteiras e 37,4% non tiñan familia. O 26,1% de todas as familias estaban formadas por un só individuo e no 7,7% das familias vivían persoas con 65 anos ou máis. A media dos habitantes de cada casa era de 2,65 e a media do tamaño das familias de 3,27 persoas. O 27,0% da poboación era de menos de 18 anos, 18,1% de 18 a 24, 29,8% de 25 a 44, 15,8% de 45 a 64, e 9,3% nos 65 anos ou máis . A idade media era de 28 anos. Por cada 100 mulleres había 99,2 homes. Por cada 100 mulleres de máis de 18 había 95,7 homes. O rendemento medio anual de cada núcleo familiar era de 31.672 dólares, e a renda familiar media de 41.433 dólares. Os homes tiñan unha renda media de 29.780 dólares e as mulleres de 22.428 dólares. A renda per cápita ascendia a 15.770 dólares. 22,3% da poboación e 15,5% das familias vivían debaixo da liña da pobreza, destes, 27,0% eran nenos e adolescentes con menos de 18 anos e 11,7% tiñan 65 anos ou máis.

Historia editar

Os primeiros colonos na zona establecéronse por volta de 1820 financiados por Stephen F. Austin, en 1865 cando se construía a Houston & Texas Central Railroad William Joel Bryan, sobriño de Austin, financiou a construción dunha nova cidade, á que lle deron na súa honra o seu nome en 1872. En 1884 tiña 3000 habitantes e en 1889 comezou a electrificación e a construción dunha rede de subministración de auga. En 1900 Bryan estaba conectada a un segundo ferrocarril, International-Great Northern Railroad e a poboación chegaba aos 3589 habitantes. Ao longo dos seguintes anos, o número de residentes continuou a aumentar: 4132 (en 1910), 6307 (en 1920), 7814 (en 1930) e 11.842 (en 1940).

Ligazóns externas editar