Bruno Saavedra

xogador de hóckey a patíns galego

Bruno Saavedra Rodríguez, nado en Santiago de Compostela o 17 de maio de 2005, é un xogador de hóckey a patíns galego. Xoga de dianteiro no Deportivo Liceo da OK Liga.

Infotaula de personaBruno Saavedra
Biografía
Nacemento17 de maio de 2005 Editar o valor em Wikidata (18 anos)
Santiago de Compostela, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónxogador de hóckey a patíns Editar o valor em Wikidata
Deportehóckey a patíns Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Formouse na canteira do CH Compostela, onde xogou ata os 15 anos, cando fichou polo Dominicos.[1] Xogou tres anos no club da Cidade Vella da Coruña, destacando co primeiro equipo na OK Liga Prata.[2]

No verán de 2023 asinou polo máximo rival histórico do Dominicos, o HC Liceo,[3] sendo a primeira fichaxe do club verde procedente do Dominicos dende Juan Copa, o seu novo adestrador.[4] Con todo, pouco despois do seu debut sufriu unha fractura de escafoide que o deixou de baixa varios meses.[5]

Notas editar

  1. Varela, María (10 de outubro de 2020). "Dominicos apuesta por la cantera". La Opinión A Coruña (en castelán). Consultado o 2 de xaneiro de 2023. 
  2. Cobas, Eugenio (6 de xullo de 2023). "Saavedra firma tres años con el Liceo". La Opinión A Coruña (en castelán). Consultado o 2 de xaneiro de 2023. 
  3. Abelenda, Daniel (31 de decembro de 2023). "El Liceo se queda sin título y el Leyma, sin ACB". La Opinión A Coruña (en castelán). Consultado o 2 de xaneiro de 2023. 
  4. "Bruno Saavedra, sangre joven y talento para el Liceo". DxT Campeón (en castelán). 6 de xullo de 2023. Consultado o 2 de xaneiro de 2023. 
  5. Zaballa, Pablo (4 de outubro de 2023). "El liceísta Bruno Saavedra, dos meses de baja con una fractura de escafoides". DxT Campeón (en castelán). Consultado o 2 de xaneiro de 2023. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar