Bruno Bauer
Bruno Bauer, nado en Eisenberg (Turinxia) o 6 de setembro de 1809 e finado en Rixdorf (Berlín) o 13 de abril de 1882, foi un teólogo, filósofo e historiador alemán.
Bruno Bauer | |
---|---|
![]() | |
Nacemento | 6 de setembro de 1809 e 1809 |
Lugar de nacemento | Eisenberg |
Falecemento | 13 de abril de 1882, 15 de abril de 1882 e 1882 |
Lugar de falecemento | Neukölln |
Nacionalidade | Alemaña |
Relixión | ateísmo |
Alma máter | Universidade Humboldt de Berlín e Friedrich-Wilhelms-Gymnasium |
Ocupación | filósofo, teólogo e escritor |
[ editar datos en Wikidata ] | |
TraxectoriaEditar
Fillo dun pintor que traballaba nunha fábrica de porcelana en Eisenberg, estudou con Hegel ata a súa morte en 1831. Durante a súa estadía como profesor de teoloxía na Universidade de Berlín uniuse á dereita hegeliana de Philip Marheineke. En 1838 publicou Kritische Darstellung der Religion des Alten Testaments (2 vols.), pero xa nas seguintes obras publicadas como profesor da Universidade de Bonn, Kritik der evangelischen Geschichte des Johannes (1840) e Kritik der evangelischen Geschichte der Synoptiker (1841) rexeita a súa postura anterior e asociase coa esquerda hegeliana e en 1842 o goberno retíralle a licenza para a a docencia polas súas ideas radicais en materia de teoloxía e retirouse a Rixdorf, preto de Berlín para escribir sobre a historia contemporánea, política e teoloxía, publicou Geschichte der Politik, Kultur und Aufklärung des 18ten Jahrhunderts (4 vols.) en 1843, Geschichte der französischen Revolution (3 vol.) en 1847 e Disraelis romantischer und Bismarcks' socialistischer Imperialismus en 1881.
ObrasEditar
Este artigo ou sección precisa dunha revisión do formato que siga o libro de estilo da Galipedia. Pode axudar a mellorar este artigo e outros en condicións semellantes. |
- "Kritik der evangelischen Geschichte des Johannes" (Bremen 1840)
- "Kritik der evangelischen Geschichte der Synoptiker" (Leipzig 1841-1842, 3 vol.; 2)
- "Die gute Sache der Freiheit und meine eigne Angelegenheit" (Zürich 1843)
- "Allgemeine Litteraturzeitung" (Charlottenburg 1843 bis 1844)
- "Kritik der Evangelien" (Berlin 1850-52, 4 vol.)
- "Kritik der paulinischen Briefe" (Berlin 1850-52, 3 vol.)
- "Die Apostelgeschichte" (Berlin 1850)
- "Philo, Strauß, Renan und das Urchristentum" (Berlin 1874)
- "Christus und die Cäsaren. Der Ursprung des Christentums aus dem römischen Griechentum" (Berlin 1877)
- "Einfluß des englischen Quäkertums auf die deutsche Kultur und auf das englisch-russische Projekt einer Weltkirche" (Berlin 1878)
- "Zur Orientierung über die Bismarcksche Ära" (Chemnitz 1880)
- "Disraelis romantischer und Bismarcks sozialistischer Imperialismus" (Chemnitz 1881).
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Bruno Bauer |