Brucella melitensis

Brucella melitensis

Fotomicrografía das bacterias Brucella melitensis
Clasificación científica
Reino: Bacteria
Filo: Proteobacteria
Clase: Alphaproteobacteria
Orde: Rhizobiales
Familia: Brucellaceae
Xénero: Brucella
Especie: B. melitensis
Nome binomial
'Brucella melitensis'
Sinonimia

Brucella neotomae

Brucella melitensis é unha bacteria gramnegativa con forma de cocobacilo da familia Brucellaceae. A bacteria causa a brucelose ovina, xunto con Brucella ovis. Pode afectar a ovellas, vacas e ás veces a humanos, nos que é o principal axente da brucelose humana, tamén chamada febre de Malta.

Colonias Brucella melitensis crecendo en ágar.

Patoxénese e enfermidade en ovinos editar

A bacteria causa graves inflamacións no epidídimo de carneiros, coa formación de espermatoceles e adhesións fibrosas. Esta doenza denomínase brucelose ovina.[1] En femias de cabras e ovellas B. melitensis pode causar abortos, parto de fetos mortos, e fillos débiles na primeira xestación despois de que o animal foi infectado. Pode producirse mastite, pero non é habitual.[2] A infección pode tamén reducir a produción de leite en polo menos un 10%. A placenta tamén pode quedar retida e o animal pode sufrir descargas vaxinais purulentas.[3] Nos machos, a infección pode causar orquite aguda e epididimite, e infertilidade. Pode tamén presentarse artrite. A brucelose pode ser confirmada examinando as lesións post mortem no tracto reprodutor, nos ubres e nódulos linfáticos supramamarios. Aínda que estes non son patognomónicos para a brucelose, poden axudar aos granxeiros a determinar se os seus rabaños están infectados.[2]

Transmisión editar

En animais editar

Non hai probas de que os artrópodos poidan transmitir a brucelose, aínda que si se encontrou B. melitensis no corpo de artrópodos que zugan sangue, como carrachas. Transmítese por contacto coa placenta, fetos abortados, fluídos fetais e descargas vaxinais de animais infectados.[2]

En humanos editar

Artigo principal: Brucelose.

B. melitensis pode ser transmitido aos humanos por inxestión de produtos lácteos non contaminados (que non foron pasteurizados), por contacto de tecidos infectados ou inhalación de aerosoles coa bacteria, orixinando brucelose ou febre de Malta. En moi raros casos hai transmisión de humano a humano; por exemplo, informouse dun caso dun home infectado por consumir queixo de cabra non pasteurizado que lle transmitiu a infección á súa muller.[4]

Historia editar

Artigo principal: Brucelose.

En 1887, o microbiólogo David Bruce illou o microorganismo Micrococcus melitensis en Malta do bazo dun soldado que morrera de brucelose aguda.[5] O mecanismo de transmisión non foi determinado ata 1905, cando Temi Żammit atopou que as cabras aparentemente saudables podían infectar a humanos por M. melitensis a través do seu leite.[6] O xénero Micrococcus foi despois renomeado como Brucella, en honra de David Bruce.[7]

A bacteria foi detectada nun queixo de 3200 anos de antigüidade atopado na tumba de Ptahmose do Antigo Exipto en 2010, por investigadores da Universidade de Catania.[8]

Notas editar

  1. "Reportable and Foreign Animal Diseases" (PDF). USDA.gov. USDA. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 01 de maio de 2018. Consultado o 08 de decembro de 2018. 
  2. 2,0 2,1 2,2 "Ovine and Caprine Brucellosis: Brucella melitensis" (PDF). Center for Food Security and Public Health. setembro de 2009. Consultado o 22 de marzo de 2018. 
  3. "brucellosis (Brucella melitensis)". www.cabi.org. Consultado o 22 de marzo de 2018. 
  4. Vigeant, P; Mendelson, J; Miller, MA (maio de 1995). "Human to human transmission of Brucella melitensis". The Canadian Journal of Infectious Diseases 6 (3): 153–5. PMID 22514390. 
  5. Galińska, EM; Zagórski, J (2013). "Brucellosis in humans — etiology, diagnostics, clinical forms". Annals of Agricultural and Environmental Medicine 20 (2): 233–8. PMID 23772567. 
  6. Wyatt, H.V. (2005). "How Themistocles Zammit found Malta Fever (brucellosis) to be transmitted by the milk of goats". Journal of the Royal Society of Medicine 98 (10): 451–454. PMC 1240100. PMID 16199812. doi:10.1258/jrsm.98.10.451. 
  7. Moreno, E.; Moriyon, I. (8 de xaneiro de 2002). "Brucella melitensis: A nasty bug with hidden credentials for virulence". Proceedings of the National Academy of Sciences 99 (1): 1–3. PMC 117501. PMID 11782541. doi:10.1073/pnas.022622699. hdl:10171/29623. 
  8. Wu, Katherine J. "Oldest Cheese Ever Found in Egyptian Tomb". Smithsonian (en inglés). Consultado o 2018-08-17. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar