Bruce Beresford
Bruce Beresford, nado en Sidney o 16 de agosto de 1940 é un director de cinema australiano
Bruce Beresford | |
---|---|
Nome completo | Bruce Beresford |
Nacemento | 16 de agosto de 1940 (80 anos) |
Lugar | Paddington, Sidney |
Nacionalidade | ![]() |
Educado en | Universidade de Sydney |
Cónxuxe(s) | Virginia Duigan |
Profesión | Director |
[ editar datos en Wikidata ] | |
TraxectoriaEditar
Beresford estudou na Universidade de Sydney, onde se graduou en 1964. Marchou entón a Inglaterra para buscar traballo no cinema. Ao non lograr un emprego contestou un anuncio que procuraba montador en Nixeria, onde traballou dous anos, en Enugu. Volveu entón a Inglaterra, producindo curtametraxes a directores noveis.
En 1970 volveu a Australia e dirixiu a súa primeira longametraxe, The Adventures of Barry McKenzie. Estableceu unha reputación como un dos mellores directores do país con filmes como Don's Party, The Getting of Wisdom, The Club and Breaker Morant.
Tralo éxito de Breaker Morant marchou a Hollywood. Con Tender Mercies conseguiu a súa única candidatura ao Oscar ao mellor director e Paseando a Miss Daisy gañou o Oscar ao mellor filme.
En 2012 dirixiu a ópera de Erich Wolfgang Korngold Die tote Stadt.
FilmografíaEditar
- The Adventures of Barry McKenzie (1972)
- Barry McKenzie Holds His Own (1974)
- Side by Side (1975)
- Don's Party (1976)
- The Getting of Wisdom (1978)
- Money Movers (1978)
- Breaker Morant (1980)
- The Club (1980)
- Puberty Blues (1981)
- Tender Mercies (1983)
- Rei David (1985)
- The Fringe Dwellers (1986)
- Crimes of the Heart (1986)
- Aria (1988)
- Her Alibi (1989)
- Paseando a Miss Daisy (1989)
- Mister Johnson (1990)
- Black Robe (1991)
- Rich in Love (1993)
- A Good Man in Africa (1994)
- Silent Fall (1994)
- Last Dance (1996)
- Paradise Road (1997)
- Sydney – A Story of a City (1999)
- Double Jeopardy (1999)
- Bride of the Wind (2001) (tamén coñecido como Die Windsbraut)
- Evelyn (2002)
- And Starring Pancho Villa as Himself (2003) (TV)
- The Contract (2006)
- Mao's Last Dancer (2009)
- Peace, Love & Misunderstanding (2011)
- Bonnie & Clyde (2013) (TV)
NotasEditar
Véxase taménEditar
Ligazóns externasEditar
- Bruce Beresford na IMDb (en inglés).
- Páxina oficialArquivado 12 de decembro de 2019 en Wayback Machine.
- Bruce Beresford en National Film and Sound Archive[Ligazón morta]