Bruce Andrews

poeta estadounidense

Bruce Andrews, nado en Chicago en 1948, é un poeta norteamericano, un dos creadores do movemento L=A=N=G=U=A=G=E.

Infotaula de personaBruce Andrews
Biografía
Nacemento1 de abril de 1948 Editar o valor em Wikidata (76 anos)
Chicago, Estados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEstados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade Harvard
Universidade Johns Hopkins Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpoeta Editar o valor em Wikidata
EmpregadorUniversidade Fordham (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Estudou relacións internacionais na Universidade Johns Hopkins e ciencia política en Harvard. En 1973 publica o seu primeiro libro, Edge. En 1978 con Charles Bernstein edita a revista cultural L=A=N=G=U=A=G=E, os seus 13 números publicados foron fundamentais para o novo movemento de avangarda que tomou o nome da revista. En 1984 el e Bernstein publicaron a maioría do contido dos 13 números en The L=A=N=G=U=A=G=E Book.

A súa poesía fundaméntase no sistemático rachamento das normas da linguaxe, ata agora publicou corenta poemarios, entre os que destacan I Don't Have Any Paper So Shut Up (Or, Social Romanticism) (1992) e Ex Why Zee: Performance Texts, Collaborations with Sally Silvers, Word Maps, Bricolage & Improvisation (1995). Boa parte da súa obra última publicouna online.

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar