Brigada Central
Brigada Central é unha serie de televisión española de 26 episodios, dirixida por Pedro Masó e escrita polo escritor de novelas negras, Juan Madrid. Tivo dúas tempadas: a primeira, de 14 episodios, emitiuse entre o 2 de novembro de 1989 e o 2 de febreiro de 1990. A segunda, titulada Brigada central 2: La guerra blanca, con doce episodios, estivo en antena entre o 4 de outubro e o 7 de decembro de 1992.
Brigada Central | |
---|---|
Formato | Policial |
Dirixido por | Pedro Masó |
Intérpretes | Imanol Arias José Manuel Cervino Assumpta Serna José Coronado Isabel Serrano Ana Duato Enrique Simón |
País de orixe | España |
Lingua(s) | Castelán |
Episodios | 26 (2 tempadas) |
Produción | |
Produtor(es) executivo(s) | Isidro Requena |
Duración | 50 minutos (aprox.) |
Emisión orixinal | |
Canle de orixe | Televisión Española |
Primeiro episodio | 2 de novembro de 1989 |
Derradeiro episodio | 7 de decembro de 1992 |
Na rede | |
[ editar datos en Wikidata ] |
Argumento
editarSerie adicada ós policías de elite que son seleccionados para integrar o grupo especial da Brigada Central, que son os que realizan investigacións de alto nivel, como o crime organizado, delincuencia internacional, narcotráfico ou asasinatos en masa.
Xunto á labor profesional dos seus compoñentes, acompáñase un aspecto psicolóxico e persoal dos mesmos, en especial do xefe do grupo, un comisario de raza xitana chamado Manuel Flores (Imanol Arias), verdadeiro protagonista individual da serie. Xunto a el traballan o Comisario Poveda e os axentes Marchena, Lucas e Pacheco. No último episodio da primeira tempada, Flores era expulsado da Brigada Central.
Na segunda tempada Flores traballa como representante da policía no chamado grupo CETIS, un grupo creado no ámbito europeo para a loita contra o narcotráfico. É axudado polo policía francés Stan Krazwinovicz.
Elenco
editarPrimeira tempada
editar- Imanol Arias (Inspector Xefe Flores).
- José Manuel Cervino (Comisario Poveda).
- Patxi Andión (Marchena)
- José Coronado (Lucas).
- Isabel Serrano (Carmela).
- Assumpta Serna (Julia).
- Ana Duato (Virginia).
- Arturo Querejeta (Pacheco)
- Pedro Civera (Ventura)
- Enrique Simón (Loren)
- Féodor Atkine (Sousa)
- Fernando Guillén (Garrigues)
- Fernando Hilbeck (Prada)
- Juan Calot (Muriel)
- Pedro Díez del Corral (Solana)
- Rafael Álvarez "El Brujo" (Jorowitz)
- Eusebio Lázaro
- Fernando Delgado
- José María Rodero
- José Vivó
- Nancho Novo
- Rosario Flores
- María Luisa Ponte
- María José Goyanes
Segunda tempada
editar- Margarita Rosa de Francisco (Marina Valdés)
- Imanol Arias (Comisario Flores)
- José Manuel Cervino (Comisario Poveda)
- Roland Giraud (Stan)
- Gustavo Angarita (Hipólito Valdés)
- Sophie Carle (Marina)
- Paul Guers (Schneider)
- Féodor Atkine (Souza)
- Zakariya Gouram (Laurence)
- Olivier Marchal (Bebert)
- Serge Ubrette (Martial)
- Rudy Rodriguez.Claudia
Véxase tamén
editarLigazóns externas
editar- Ficha na IMDb (en inglés)