Bricoking

empresa
(Redirección desde «BricoKing»)

Bricoking é unha empresa galega con sede en Bergondo dedicada á comercialización de produtos e servizos de bricolaxe.

Bricoking

Sede de Bricoking, Espírito Santo, Bergondo.
TipoSociedade Anónima
Fundación1996
MatrizGrupo Jaerod
LocalizaciónEspírito Santo, 12. Estrada N-VI km 581 15165 Bergondo A Coruña Galicia Galicia
FundadorJuan José Jaén
IndustriaVenda e distribución
ProdutosBricolaxe
editar datos en Wikidata ]

Historia

editar

Bricoking tivo a súa orixe na Coruña en 1994 cando se iniciou o proxecto de establecementos con dúas pequenas ferreterías de barrio.

O negocio evolucionou no sector coa experiencia e a empresa apostou por un centro de maiores dimensións adicado en exclusiva ao bricolaxe, a decoración e o xardín. Tomando como base a bricolaxe noutros países europeos adaptado ao mercado español.

En 1996 Bricoking abriu o primeiro centro na Coruña, tres anos despois abriu en Ourense. Agora ten tendas en Galiza, Castela e León, Castela-A Mancha, Cataluña, Comunidade Valenciana, Andalucía, Cantabria, Murcia, Madrid, Navarra e Illas Canarias. En total conta con 33 establecementos, tanto en réxime de franquía como propios.

A sede de Bricoking está dende o 2005 no edificio Utande de Bergondo, construído no ano 1974 e dende entón abandonado. O edificio de formigón e cristal ía ser a sede dunha empresa de novas tecnoloxías que crebou[1]. En 2013 o grupo belga Hubo deixou a empresa en mans do fundador[2] .

A finais de 2016 Bricoking declarábase en suspensión de pagos cunha débeda de 24,3 millóns de euros, superior ao seu patrimonio.[3]

Produtos e servizos

editar
  • Cociña
  • Decoración
  • Electricidade
  • Ferraxaría
  • Ferramentas
  • Iluminación
  • Xardín
  • Madeiras e revestimentos
  • Moble kit
  • Pintura
  • Sanitario
  1. "A empresa Bricoking instala a súa sede nacional no edificio Utande" Arquivado 10/06/2015, en Wayback Machine.; artigo en La Voz de Galicia, 5 de xullo de 2005.
  2. Lemos, Gabriel. La Voz de Galicia, ed. "La belga Hubo sale de Bricoking, cuyo capital vuelve a ser 100 % gallego". Consultado o 15 de novembro de 2013. 
  3. L. Costas - La Opinión A Coruña (10-12-2016). "Bricoking suspende pagos con una deuda de 24,3 millones, superior a su patrimonio". Consultado o 2017-05-01. 

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar