Brian Kinney (interpretado polo actor Gale Harold) é un dos personaxes principais da serie estadounidense Queer as Folk. Malia que o que se pode considerar mellor amigo seu, Michael Novotny, é o protagonista (Michael narra tanto o primeiro episodio como o último), Brian é o heroe da serie. Por isto, os demais personaxes da serie vense afectados polas súas accións, especialmente o seu amante máis fiel, Justin Taylor.

Desenvolvemento do personaxe editar

Ó longo da trama da serie Brian amósase sexualmente promiscuo, e non é difícil atopalo no cuarto escuro do coñecido pub gai Babylon. Envellecer é o seu maior medo, á vez que ser un pai de merda, segundo as súas propias palabras, do seu fillo Gus.
No primeiro episodio leva a Justin á súa casa e o desvirga. Nese mesmo episodio ten un fillo, Gus, criado pola súa amiga lesbiana Lindsay Peterson e a súa parella Melanie Marcus. Durante a primeira tempada da serie a relación con Justin non está clara. Brian odia a idea de ter unha parella estable pero rompe as súas propias regras por Justin, tendo sexo con el máis dunha vez.

Despois de que Justin sexa golpeado cun bate na cabeza tralo seu baile de graduación, Brian traumatizouse, non podendo soportar a idea de ver a Justin. Malia iso, durante a segunda tempada axudou a que Justin se recuperara tanto física como mentalmente. Para controlar a promiscuidade de Brian, Justin imponlle unhas regras, que el mesmo acabaría por romper ó empezar a saír co violinista Ethan. A Brian aféctalla a ruptura con Justin, pero non quere admitilo.

Na terceira tempada o éxito de Brian como publicista oponse ás súas crenzas cando lle piden que dirixa la campaña publicitaria dun alcalde conservador e anti-gai. Se ben ó principio axuda ó alcalde a ser máis popular, finalmente, e coa axuda de Justin, boicotea a campaña, usando os seus propios cartos para crear e emitir anuncios difamatorios. A causa disto, Brian perde o seu traballo. De todas formas, na cuarta tempada funda a súa propia empresa, Kinnetik. Ademais ten que loitar contra un cancro testicular, tarefa especialmente dura debido ó seu narcisismo. Despois de gañar a batalla contra o cancro e competir malia o seu estado nunha carreira ciclista de Toronto a Pittsburgh, Brian replantéxase como quere seguir vivindo a vida. Decide entón xogar un papel máis activo na vida do seu fillo e pedirlle a Justin que volvese a vivir con el.

Na quinta tempada Justin volve romper con Brian, frustrado ó ver que é incapaz de comprometerse. Pero despois de que explotara unha bomba en Babylon, local que Brian comprara nesta tempada, Brian admite por fin o seu amor por Justin e se reconcilia co seu mellor amigo Michael, ó que acusara de influír na ruptura. Brian pídelle matrimonio a Justin, pero ó recibir este último unha oferta para irse a traballar como artista a Nova York, Brian négase a que a súa parella perda tal oportunidade por casar con el. Ambos pasan unha última noite xuntos, prometendo que se seguirán amando malia a distancia. A serie termina con Michael e Brian bailando sobre as ruínas de Babylon, local que posteriormente se reconstrúe.

Malia a natureza aparentemente despreocupada e amoral de Brian, demóstrase que quería ós seus amigos e que era capaz de facer grandes sacrificios por eles, aínda que por orgullo non o admitía. Planexa a última hora unha voda a Lindsay e Melanie, despois de que os plans destas fracasaran, e cede os seus dereitos como pai a Melanie para que puidese volver con Lindsay na primeira tempada. Aparenta facerlle un feo ó seu mellor amigo para que volvese coa súa parella, e axuda a Justin a recuperarse do seu raumatismo cranial tras recibir un golpe no seu baile de graduación, ó que Brian acudiu só para compracer á súa parella. Case se arruína e perde o seu traballo por amolar a campaña publicitaria dun candidato a alcalde anti-gai, Jim Stockwell, e está a piques de vender o seu loft e o seu local por amor a Justin nos últimos episodios.

Brian e a comunidade LGBT editar

Sexualmente irresistible, fermoso e cun grande éxito profesional, Brian é un personaxe controvertido para a comunidade LGBT. Algúns pensan que representa pobremente ó colectivo, xa que é promiscuo e incapaz de madurar, estereotipos negativos que afectan a toda a comunidade.[1] Outros consideran que Brian é o personaxe con máis moral de toda a serie, e que é un dos roles máis comprometedores da televisión actual.[2]

A popularidade de Brian foi tal que a famosa pulseira de Brian -feita de coiro con pequenas conchas incrustadas, e que, ó levala este en tódolos episodios, identificouse co personaxe- chegou a ser un símbolo da comunidade gai.[3]

Notas editar

  1. The Queer Peter Pan Syndrome by C.Stone
  2. "A serie televisiva gai do Século XXI". Arquivado dende o orixinal o 18 de novembro de 2007. Consultado o 11 de novembro de 2007. 
  3. Brian Kinney's Bracelet

Véxase tamén editar

Outros artigos editar