Brfxxccxxmnpcccclllmmnprxvclmnckssqlbb11116

nome masculino

Brfxxccxxmnpcccclllmmnprxvclmnckssqlbb11116 (pronunciado «Albin») foi o nome que lle intentaron poñer uns pais suecos ao seu fillo nado en 1991[1].

Historia editar

Os seus pais, Elisabeth Hallin e mais Lasse Diding, tiñan pensado non rexistrar legalmente o seu fillo como protesta[2] contra a lei de nomes sueca (Namnlag (1982:670)), a cal di:

«Os nomes de pía non poderán ser aprobados se son ofensivos ou se poden supoñer unha incomodidade
para a persoa que os usa, ou se por motivos obvios non son apropiados como nome de pía
».

Despois de que os pais fracasaran ao intentar rexistrar o nome no quinto aniversario do cativo, unha corte do distrito de Halmstad, ao sur de Suecia, multounos con 5.000 coroas suecas (aproximadamente uns 500). En resposta á multa, os pais enviaron o nome de 43 caracteres en maio de 1996, afirmando que era "un desenvolvemento expresionista que consideramos unha creación artística". Ademais, estes suxeriron que o nome debía ser entendido co espírito 'patafísico. A corte rexeitou o nome e mantivo a multa.

Máis adiante os pais trataron de cambiar a ortografía do nome por A (tamén pronunciado «Albin»). Outra vez, a corte negouse a aprobar o nome, citando a prohibición de ter un nome dunha soa letra.

Notas editar

  1. "Boy named Brfxxccxxm". The Mirror. 30 de maio de 1996. 
  2. BBC News (ed.). "Baby named Metallica rocks Sweden". Consultado o 04-04-2007. 

Véxase tamén editar

Outros artigos editar