Breyten Breytenbach

Breyten Breytenbach, nado en Bonnievale, Suráfrica, en 1939, é un escritor en afrikaans e inglés e pintor surafricano con nacionalidade francesa.

Breyten Breytenbach
9.13.09BreytenBreytenbachByLuigiNovi1.jpg
Breyten Breytenbach
AlcumeJuan Breyten
Nacemento1939
Lugar de nacementoBonnievale Sudáfrica Suráfrica
NacionalidadeFrancesa Francia
Alma máterUniversidade de Cidade do Cabo e Michaelis School of Fine Art
Ocupaciónpoeta, escritor, pintor, ensaísta, autor e litógrafo
PremiosReina Prinsen Geerligs prize, Lucy B. en C.W. van der Hoogt award, premio extra (Jan Campert-Stichting), Prêmio Anisfield-Wolf, Alan Paton Award, Van Looy Prize e Van Looy Prize
Na rede
Discogs: 3777412 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

TraxectoriaEditar

Estudou Belas Artes na Universidade de Cidade do Cabo, onde entrou no grupos de oposición ao apartheid. A comezos da década de 1960 marcha a París, e ao casar cunha francesa de orixe vietnamita non se lle permite regresar por infrinxir a Lei de Prohibición de Matrimonios Mixtos (1949) e a Lei de Inmoralidade (1950).

En Francia foi un dos fundadores de Okhela, un grupo de resistencia contra o apartheid no exilio. Nunha viaxe ilegal a Suráfrica en 1975 foi arrestado e condenado a nove anos de prisión por alta traizón. Liberado en 1982 debido á intervención internacional, regresou a París e obtivo a nacionalidade francesa.

A obra de Breytenbach inclúen numerosos títulos de poesía, novelas e ensaios, moitos escritos en afrikaans e outros publicados orixinalmente en inglés. É irmán de Jan Breytenbach, o fundador das forzas especiais surafricanas.