Brendon McNichol

músico estadounidense

Brendon McNichol, nado en novembro de 1969, é un guitarrista estadounidense que tocou en bandas como Queens of the Stone Age, Masters of Reality e Rattlebone. He is now working as a contractor.

Infotaula de personaBrendon McNichol
Biografía
Nacemento1966 Editar o valor em Wikidata (57/58 anos)
Datos persoais
País de nacionalidadeEstados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónmúsico , guitarrista Editar o valor em Wikidata
InstrumentoGuitarra Editar o valor em Wikidata

Musicbrainz: b44018de-2efc-46ce-bc1c-c084b8fce38b Discogs: 1078388 Allmusic: mn0001280511 Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

No ano 1990 Brendon vivía en Hollywood, e comezou a tocar co seu compañeiro de habitación, o baixista Roger Deering. Roger estivera aneriormente na banda de punk rock The Drills, e mudárase desde Miami (Florida) aos Ánxeles (California) co batería Kerry Furlong, que tamén tocara na banda, para crear un novo grupo. Kerry formou unha banda con Brendon, Roger e Jeff Muendel. Os seus primeiros concertos fixérono co seu antigo nome de The Drills debido á reputación que tiñan co mesmo, e finalmente cambiárono a Rattlebone. Editaron un EP de 5 temas en 1991 producido por Dave Jerden. Brendon deixou Rattlebone en 1994, sendo substituído por Greg Birribauer ata que a banda se desfixo en 1995.

No ano 1996 Brendon uniuse a Masters of Reality, tocando en directo e aparecendo no álbum ao vivo How High The Moon: Live At The Viper Room. No ano 2000 uniuse a Queens of the Stone Age, tocando tamén o lap-steel e o piano. Ademais de xirar coa banda gravou con eles varios temas no estudio. Brendon tamén tocou con K.C. and the Sunshine Band, The Drills, Stacy Q., Pablo Moses, Michigan and Smiley, Charlie Chaplan, Drone w/ Ted Parsons, Desert Sessions, Levi Chen, Photek, Discordia, The Dwarves e Palmerville ademais de aparecer en bandas sonoras, anuncios e de traballar como músico de sesión en distintos álbums.