Branda

Tipo de construción tradicional e zona de pastoreo
(Redirección desde «Brandas»)

Brandas[1] son zonas dos montes altos, onde o gado atopa pastos frescos polo verán[2]. O veceiro (pastor que tiña a quenda) levaba o gado ao monte durante os meses de xuño a setembro. É un termo empregado nas montamas de Ourense (Serra do Xurés) e na parte Portuguesa (Serra do Gerês e Serra do Soajo).

Branda de Gorbelas, Portugal
Detalle da porta da branda de Gorbelas, Portugal

O mesmo que ocorre cos chozos do Suído galegos, nestas zonas os pastores necesitan de construcións de acubillo para o gado e para eles mesmos, polo que no norte de Portugal, especialmente das Serra do Gerês chámanlle brandas aos núcleos habitados temporarais de verán, cuxa orixe se insire nun proceso de transhumancia no que as poboacións se trasladan das súas aldeas de inverno para as zonas máis altas da serra, onde abundan pastos fértiles para alimentar o gado. As brandas son típicas do complexo sistema antigo da transhumanciada das Serras do Soajo e da Peneda-Gerês (e da serra do Xurés ourensá), hoxe integrado no Parque Nacional de Peneda-Gerês.

A aldea onde a familia pasa o inverno chámase inverneira, localizada nun val, en zonas máis baixas. No fin do verán ou principio do outono, as persoas deixan as brandas e baixan á inverneira, onde permanecen até marzo, cando volven subir para as brandas para faceren as sementeiras do centeo e deixar o gado a pastar. Hoxe en día, nas poucas aldeas que manteñen a tradición, as persoas só levan os animais e algúns haberes, ao contrario de antigamente, cando levabam até a moblaxe[3][4].

As brandas están formadas polos pastos, valados, curros, cortellos para gado e algunha choza de paredes e cuberta de cachotaría de granito (normalmente con sollado), para as persoas.

Notas editar

  1. Branda é un termo empregado en Ourense en no norte de Portugal
  2. Definición por Eladio Rodríguez González (1958-1961): Diccionario enciclopédico gallego-castellano, Galaxia, Vigo; Leandro Carré Alvarellos (1979): Diccionario galego-castelán e Vocabulario castelán -galego, A Coruña, Moret; Eligio Rivas Quintas (1988): Frampas, contribución al diccionario gallego, Alvarellos, Lugo
  3. "Vale do Minho". Arquivado dende o orixinal o 10 de setembro de 2014. Consultado o 09 de setembro de 2014. 
  4. "Trilho de Santo António de Vale de Poldros". Arquivado dende o orixinal o 13 de outubro de 2013. Consultado o 09 de setembro de 2014. 

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

  • Chozos do Suído, cabanas de pedra moi semellantes ás brandas portuguesas.
  • Teitos, casoupas asturianas semellantes ás pallozas galegas.

Ligazóns externas editar

Sendeiro das Brandas (en portugués)[Ligazón morta]