Bradypus torquatus

Bradypus torquatus é unha especie de mamífero placentario da orde dos pilosos, suborde dos folívoros e familia dos bradipódidos,[2] unha das catro que integran o seu único xénero, Bradypus.[3]

Bradypus torquatus
Preguiceiro de colar,
preguiceiro cristado
Estado de conservación
Vulnerable
Vulnerable[1]
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Subfilo: Vertebrata
Clase: Mammalia
Infraclase: Placentalia
Superorde: Xenarthra
Orde: Pilosa
Suborde: Folivora
Familia: Bradypodidae
Xénero: Bradypus
Especie: B. torquatus
Nome binomial
Bradypus torquatus
Illiger, 1811
Distribución xeográfica (vermello)
Distribución xeográfica (vermello)

Distribución xeográfica (vermello)

É unha especie endémica do leste do Brasil (Estados de Bahia, Espírito Santo e o Río de Xaneiro), que se acha en perigo de extinción; segundo a Unión Internacional para a Conservación da Natureza e dos Recursos Naturais (UICN) o seu estatua actual é de VU (vulnerábel).[1]

Non se recoñecen subespecies,[2] aínda que para algúns autores a poboación setentrional (no sur da Bahia) podería considerarse unha subespecie separada), aínda que indistinguíbel das outras na morfoloxía externa.[1]

Características editar

O preguiceiro de colar mide uns 50 cm de lonxitude e pesa uns 4,5 kg. Ten a cabeza, as orellas e os ollos pequenos e a cola curta, escondida baixo a pelaxe.

A súa pelaxe é longa, mesta e de cor escura, e está normalmente colonizado por algas, ácaros, carrachas, escaravellos e bolboretas nocturnas, que ás veceslle dan coloracións diversas.

Sobre a cabeza, o pescozo e os ombros a pelaxe ten o aspecto de crina. Por debaixo existe unha capa de lanuxe, pelo fino, mesto e pálido.

Bioloxía editar

Bradypus torquatus leva unha vida completamente solitaria e arborícola. Aliméntase de follas, brotes e poliñas tenras dunhas poucas especies de árbolres, especialmente de Cecropia pellata. Pasa case todo o tempo nas árbores, e raramente baixa ao solo; só descende para defecar, ou para pasar a outra árbore. No chan só pode arrastrarse, xa que é incapaz de erguere e camiñar.[4]

A súa principal defensa é permanecer inmóbil e, en caso de maior apuro, pode dar gadoupadas coas súas formidables uñas.

É un bo nadadore, e pode vadear ríos.

Taxonomia editar

Descrición editar

A especie foi descrita en 1811 polo zoólogo alemán Johann Karl Wilhelm Illiger, en Prodr. Syst. Mamm. Avium: 109.[2]

Sinónimos editar

Ao logo do tempo, ademais de polo nome que lle impuxo Illiger, e que é o actualmente considerado como válido, esta especie coneceuse tamén polos sinónimos seguintes:[2]

  • Bradypus affinis Gray, 1850
  • Bradypus crinitus Gray, 1850
  • Bradypus cristatus Hamilton-Smith, 1827
  • Bradypus mareyi (Anthony, 1907)
  • Bradypus melanotis Swainson, 1835

Estado de conservación editar

Até 1955 o preguiceiro de colar vivía en Bahia, Espírito Santo e Río de Xaneiro, no leste do Brasil, no bosque costeiro da Bahia. Pero nos úlimos anos a súa poboación declinou considerabelmente debido á destrución dese tipo de bosque para a extracción de madeira, (sobre todo para a produción de carbón vexetal), a instalación de plantacións e pasteiros é á caza excesiva.[1]

Notas editar

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 Chiarello, A. & Lara-Ruiz, P. (2014): Bradypus torquatus na Lista vermella da UICN. Versión 2015.4. Consultada o 20 de xaneiro de 2016.
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 Bradypus torquatus en MSW.
  3. Bradypus en MSW.
  4. VV. AA. (1968): Enciclopedia Salvat de las ciencias. Tomo 6. Animales vertebrados. Pamplona: Salvat, S. A. de Ediciones, pp. 85.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • McKenna, Malcolm C. & Bell, Susan K. (1997): Classification of Mammals Above the Species Level. Nova York: Columbia University Press. ISBN 0-231-11013-8.
  • Nowak, Ronald M. (1999): Walker's Mammals of the World. 6ª ed. Baltimore, Maryland, EE. UU.: The Johns Hopkins University Press. ISBN 978-0-8018-5789-8.
  • Wilson, D. E. & Reeder, D. M., eds. (2005): Mammal Species of the World: A Taxonomic and Geographic Reference 3rd ed. Baltimore, Maryland, USA: The Johns Hopkins University Press. ISBN 978-0-8018-8221-0.
  • VV. AA. (1968): Enciclopedia Salvat de las ciencias. Tomo 6. Animales vertebrados. Pamplona: Salvat, S. A. de Ediciones, pp. 83–86.

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar