Bradford Robotic Telescope

O Bradford Robotic Telescope (BRT pola súas siglas en inglés, en galego: Telescopio Robótico Bradford) é un telescopio astronómico autónomo localizado no Observatorio do Teide, Tenerife, Illas Canarias. É propiedade da Universidade de Bradford e foi construído entre o ano 2002 e 2004 para o seu uso remoto por parte de escolas[1] e particulares de todo o mundo. En novembro de 2009, o observatorio xa tomara máis de 70.000 imaxes e tivera máis de 23.000 usuarios.[2]

Bradford Robotic Telescope
O Bradford Robotic Telescope co pico do Teide detrás.
Organismo Universidade de Bradford
Localización Tenerife,Illas Canarias, España
Coordenadas 28°17′54″ N 16°30′34″ O
Altitude 2.400 m
Lonxitude de onda espectro visible
Construído no: 2002-2004
Tipo de telescopio telescopio óptico, telescopio Schmidt–Cassegrain
Diámetro 35,5 cm
Montura montura ecuatorial
Cuberta cúpula esférica
Web oficial www.telescope.org

En maio do 2016, o equipo do BRT anunciou vía correo electrónico ós usuarios rexistrados que o control do Telescopio Bradford sería transferido á Open University, e rebautizado coma o Autonomous Robotic Telescope (ART).

Montaxe editar

Todo o equipo está montado na parte superior dun pilote duns 2 metros, que se asenta sobre o leito rochoso da montaña. O pilote está feito de aceiro e está recheo de area para evitar algún futuro repisado. A montura Paramount ME é unha montura ecuatorial, o que significa que o eixe RA apunta cara ao polo celeste, permitindo así que os sistemas rastrexen obxectos sen rotación do campo.

Instrumentación editar

O Telescopio Robótico Bradford consiste en tres sistemas ópticos que proporcionan diferentes campos de visión.[3]

Sistemas de control editar

En marzo do 2003, instalouse unha nova cúpula para o telescopio. Esta cúpula usa o sistema Meridian Controls para controla-la cúpula de xeito totalmente remoto. Xa non se precisa intervención humana.

Sistemas meteorolóxicos editar

O sistema meteorolóxico do BRT traballa as 24 horas do sete días da semana, pero non é moi fiable. Isto sucede por que o observatorio está situado a moita altitude. Moitas veces ocorre que hai néboa ou está cuberto, xusto até a parte inferior do observatorio. Así, o sistema meteorolóxico do observatorio depende das previsións meteorolóxicas ofrecidas pola estación meteorolóxica do Observatorio do Teide. Dá detalles tales como a velocidade e dirección do vento, a radiación solar, humidade interna e externa etc.

A principal función da estación meteorolóxica é a de proporcionar un sinal para os sistemas de control de seguridade. Xera un 'alerta' que describe que condicións meteorolóxicas hai no momento da alerta. Os sistemas de seguridade teñen un conxunto de 'regras' que determinan o mal tempo. Se calquera destas 'regras' son atendidas, a continuación, os sistemas de seguridade xeran unha alerta que manda ós sistemas de control actuar en consecuencia.

As diferentes cámaras editar

Cámara de Galaxias editar

Categoría Detalles
Cámara FLI MicroLine axustada cun E2V CCD47-10. 1024 x 1024 pixels, cada un deles de 13 µm cadrados.
Filtro FLI CFW-2 Filtro de roda de 8 posicións.
Foco Optec TCF-s Enfoque controlado por temperatura.
Óptica Tubo óptico Schmidt-Cassegrain Celestron C14. Distancia focal de 3910 mm, 355 mm de apertura a f/11. Un redutor focal Celestron outorga unha distancia focal efectiva de 1877 mm a f/5.3.
Campo de visión Aproximadamente 24 arcominutos cadrados.

Cámara de Cúmulos estelares editar

Categoría Detalles
Cámara FLI MaxCam CM2-1 axustada cun E2V CCD47-10. 1024 x 1024 pixels, cada un deles de 13 µm cadrados.
Filtro FLI CFW-2 Filtro de roda de 8 posicións.
Foco Punto de enfoque fixo.
Óptica Lentes Nikon de 200 mm.
Campo de visión Aproximadamente 3 graos cadrados.

Cámara de Constelacións editar

Categoría Detalles
Cámara FLI MaxCam CM2-1 axustada cun E2V CCD47-10. 1024 x 1024 pixels, cada un deles de 13 µm cadrados.
Filtro FLI CFW-2 Filtro de roda de 8 posicións.
Foco Punto de enfoque fixo.
Óptica Lentes Nikon de 16 mm a f/2.8
Campo de visión Aproximadamente 40 graos cadrados

Notas editar

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar