Boy from Heaven

filme de 2022 dirixido por Tarik Saleh

Boy from Heaven (árabe: صبي من الجنة; ṣabiyy min al Janna) é un filme de 2022 rodado en lingua árabe e dirixido polo cineasta sueco Tarik Saleh. O filme é un coprodución entre Suecia, Francia e Finlandia. Estreouse internacionalmente o 20 de maio de 2022 no Festival de Cannes, onde foi seleccionado para competir pola Palma de Ouro. Saleh foi galardoado co premio ao mellor guión e o filme recibiu o Premio François Chalais. Foi escollido como candidato de Suecia para o Óscar ó mellor filme internacional na 95ª edición dos premios,[1] clasificándose na lista curta de decembro.[2]

Boy from Heaven
Ficha técnica
Título orixinalBoy from Heaven
DirectorTarik Saleh
Produtor
  • Kristina Åberg
  • Fredrik Zander
GuiónTarik Saleh
Intérpretes
MúsicaKrister Linder
FotografíaPierre Aïm
MontaxeTheis Schmidt
Estudio
  • Atmo (Suecia)
  • Memento (Francia)
  • Bufo (Finlandia)
Distribuidora
  • TriArt Film (Suecia)
  • Memento (Francia)
EstreaFestival de Cannes: 20 de maio de 2022
Duración126 minutos
OrixeSuecia Suecia
Francia
Finlandia Finlandia
XéneroSuspense
Recadación4,3 millóns de dólares
Na rede
IMDB: tt15452062 Allocine: 280670 Rottentomatoes: m/cairo_conspiracy Editar o valor em Wikidata

Sinopse editar

Adam, fillo dun pescador, acepta unha oferta para estudar na prestixiosa Universidade de al-Azhar do Cairo, Exipto. Pouco despois da súa chegada, o Grande Imán de al-Azhar morre de súpeto e prodúcese unha loita polo poder para substituílo.

Personaxes editar

  • Tawfeek Barhom como Adam
  • Fares Fares como Ibrahim
  • Mohammad Bakri como Xeneral Al Sakran
  • Makram Khoury como Sheikh Negm
  • Mehdi Dehbi como Zizo
  • Moe Ayoub como Sobhy
  • Sherwan Haji como Soliman
  • Abduljabbar Alsuhili como Alasfour
  • Ahmed Lassaoui
  • Jalal Altawil
  • Ramzi Choukair como Sheikh Durani
  • Yunus Albayrak como mestre da xaria
  • Mouloud Ayad como Nazim
  • Okan Bozkuş como estudante
  • Youssef Salama Zeki como mestre de bioloxía
  • Ayman Fathy como soldado
  • Amr Mosad como Harun

Produción editar

O filme rodouse principalmente na mesquita de Süleymaniye en Istambul, Turquía.[3]

Notas editar

  1. "Sweden select Cannes winner 'Boy From Heaven' as Oscars 2023 entry". Screen Daily. 22 de setembro de 2022. Consultado o 22 de setembro de 2022. 
  2. Giardina, Carolyn (21 de decembro de 2022). "Shortlists for 95th Academy Awards Unveiled". The Hollywood Reporter. 
  3. Pham, Annika (12 de maio de 2022). "Boy from Heaven producer Kristina Åberg on working with Tarik Saleh". Nordisk Film & TV Fond. Consultado o 1 de xuño de 2022. 

Véxase tamén editar

Outros artigos editar