Bottomless Pit

Bottomless Pit é unha banda estadounidense de indie rock procedente de Chicago, Illinois. Os guitarristas Andy Cohen e Tim Midyett,[1] os dous anteriormente en Silkworm, formaron o grupo co batería Chris Manfrin, de Seam, e o baixista Brian Orchard, de .22, no ano 2005. Dende o seu nacemento a banda editou tres álbum aclamados pola crítica e xirou polos Estados Unidos e Canadá. Bottomless Pit tamén tocou unha vez en París para abrir o Villette Sonique Festival[2] en xuño de 2008, invitada polo trío de Chicago Shellac.

Bottomless Pit
OrixeChicago, Illinois, Flag of the United States.svg
Período2005 - 2014
Xénero(s)indie rock
Selo(s) discográfico(s)Comedy Minus One
MembrosAndy Cohen
Tim Midyett
Chris Manfrin
Brian Orchard
Páxina webbottomlesspit.us

O seu álbum de estrea, Hammer of the Gods, tivo recensións favorables en varias publicacións musicais.[3][4][5] O álbum foi gravado parcialmente nos estudios Electrical Audio por Greg Norman e inicialmente foi autoeditado en vinilo de 45 rpm. O disco de vinilo tamén incluía unha copia do álbum en CD para maior comodidade. O seguinte EP, titulado Congress, tamén foi editado nese formato. Os dous traballos están dispoñibles como descarga dixital a través do selo de Nova Jersey Comedy Minus One.[6]

O 26 de xaneiro de 2010 a banda anunciou a través da súa páxina de Facebook que o seu seguinte álbum, Blood Under the Bridge, estaría rematado e masterizado en marzo e sería editado o 10 de agosto dese ano.[7] En marzo, catro cancións do álbum, "38 Souls", "Q.E.D.", "Winterwind" e "Summerwind" foron subidas a internet (as dúas primeiras a través de Facebook e as dúas segundas de Myspace).

Un terceiro álbum, titulado Shade Perennial, foi editado a través do selo Comedy Minus One o 29 de outubro de 2013.[8]

Bottomless Pit anunciou un hiato indefinido en 2014,[9] formando Midyett a banda Mint Mile pouco despois.[10]

DiscografíaEditar

ÁlbumsEditar

Álbum Ano Selo
Hammer of the Gods 2007 Comedy Minus One
Blood Under the Bridge 2010 Comedy Minus One
Shade Perennial 2013 Comedy Minus One

NotasEditar

  1. "Electrical Audio • View topic - Midyett Rub makes it into Bon Appetit!". www.electricalaudio.com. Arquivado dende o orixinal o 13 de xaneiro de 2017. Consultado o 2019-11-22. 
  2. "Clipse, Deerhunter, Shellac Play Villette Sonique | Pitchfork". web.archive.org. 2008-07-10. Consultado o 2019-11-22. 
  3. "Bottomless Pit —Hammer of the Gods | Three Imaginary Girls". web.archive.org. 2008-06-29. Consultado o 2019-11-22. 
  4. Mee, Daniel (2007-11-14). "Bottomless Pit, Hammer of the Gods". Houston Press. Consultado o 2019-11-22. 
  5. "Bottomless Pit, ‘Hammer of the Gods’ (Comedy Minus One)". Spin. 2008-01-18. Consultado o 2019-11-22. 
  6. "Comedy Minus One Records". shop.comedyminusone.com. Consultado o 2019-11-23. 
  7. "Blood Under The Bridge" (PDF). web.archive.org. 2010-09-11. Consultado o 2019-11-22. 
  8. "Bottomless Pit's "Shade Perennial" out October 29!". Comedy Minus One (en inglés). 2013-09-10. Consultado o 2019-11-22. 
  9. "Bottomless Pit". www.facebook.com. Consultado o 2019-11-23. 
  10. "Mint Mile". Comedy Minus One (en inglés). Consultado o 2019-11-23. 

Véxase taménEditar

Ligazóns externasEditar