Coordenadas: 36°49′N 5°44′O / 36.817, -5.733 Bornos é un municipio español da provincia de Cádiz, Andalucía. No 2008 tiña 8.123 habitantes. A súa extensión superficial é de 55 km² e atópase a 79 quilómetros da capital de provincia, Cádiz.

Bornos
Localización
Map of Bornos (Cádiz).png
PaísEspaña España
Comunidade AutónomaAndalucía
ProvinciaCádiz
ComarcaSerra de Cádiz
Xeografía
Altitude182 msnm
Superficie54,31 km²
Demografía
Poboación8.134 hab. (2009)
Densidade149,77 hab./km²
XentilicioBornicho, bornense
Outros datos
Código postal11640
AlcaldeFernando García Navarro (PP) (2007)
www.udbornense.com

Actualmente, Bornos vive fundamentalmente da agricultura.

HistoriaEditar

Os primeiros restos humanos son do paleolítico inferior ou medio (hai uns 30.000 anos). Existen tamén restos que demostran presenza ibera e romana. As ruínas de Carissa Aurelia permiten coñecer esta época. A cidade de Carissa foi primeiro municipio romano e posteriormente "Cives Romani", con dereito incluso a acuñar moeda propia, durante o mandato de Vespasiano.

A poboación actual foi creada arredor do alcázar do Fontanar. Foi tomada por tropas cristiás a mediados do século XIII. Afonso X o Sabio, entregou a poboación a Per del Castel, cabaleiro gaditano. Logo cambia varias veces de man até que en 1398 vendeuse Bornos, o seu castelo e o seu termo, por 3.000 doblas, ao Adelantado Maior de Andalucía Per Afán de Ribera I. Permaneceu baixo o dominio da Casa de Alcalá até a independencia municipal, sendo a súa vinculación tal que o brasón dos Ribera e o escudo da poboación son idénticos.

Véxase taménEditar

Ligazóns externasEditar

  • Bornos - Sistema de Información Multiterritorial de Andalucía