Borås

cidade de Suecia

Borås é unha cidade que se atopa no país escandinavo de Suecia. Foi recoñecida como cidade en 1621.

Borås
Borås
Boras Radhus.jpg
Casa do Concello.
Localización
Borås en Suecia
Borås
Borås
PaísFlag of Sweden.svg Suecia
CondadoVästra Götaland
Xeografía
Superficie29.61 km²
Demografía
Poboación111 026

Tivo un importante desenvolvemento na súa industria téxtil a finais do século XIX e comezos do século XX, e sede de importantes firmas comerciais de vendas por catálogo (mail order). O carácter comercial da súa historia naceu cos comerciantes ambulantes, chamados knalle ou knallarna, que percorrían a rexión no século XVI, vendendo os seus produtos.

Actualmente segue mantendo a súa calidade de situación xeográfica estratéxica ao ser un punto central entre as cidades de Gotemburgo, Jönköping e tamén da veciña Noruega; sendo sede de importantes centros comerciais e industriais, e de puntos turísticos e culturais.

É tamén unha cidade universitaria, xa que a Högskolan i Borås (Escola Superior de Borås) acolle distintas titulacións superiores, repartidas entre dous centros: a Textilhögskolan (Escola Superior de Estudos textis) e a Bibliotekshögskolan (Escola de Biblioteconomía).[1] En 2017 a universidade contaba con 11 000 estudantes e 730 traballadores aproximadamente.[2]

Integrados neste campus destacan o Museo Téxtil e o Textile Fashion Center.[3]

Datos xeográficosEditar

A finais de 2017 tiña unha poboación de 111 026 habitantes, cunha idade media de 40.6 anos.[4] Abarca unha superficie total de 29.61 km cadrados.

DistritosEditar

Subdistrito municipal de Göta

Subdistrito municipal de Sjöbo

Subdistrito municipal de Brämhult

Subdistrito municipal de Norrby

Subdistrito municipal de Centrum (centro)

Subdistrito municipal de Sandhult

Vida culturalEditar

Un dos eventos culturais máis importantes é a edición anual de No Limit, un certame de arte de rúa que congrega numerosos artistas que realizan murais, instalacións e esculturas por toda a cidade, convertendo desta maneira o espazo público nunha sala de exposición aberta. A primeira edición tivo lugar en setembro de 2014. Este certame ten alcanzado moita proxección tanto a nivel nacional como internacional.[5]

Galería de imaxesEditar

Parque da cidade. 
A vella torre de auga. 
Praza Krokshall coa Igrexa Caroli. 

NotasEditar

  1. "Sitio web da universidade" (en sueco e inglés). Consultado o 13 marzo 2018. 
  2. "About the University of Borås". Sitio web da universidade (en sueco e inglés). Consultado o 23 marzo 2018. 
  3. "Sitio web do Textile Fashion Center" (en sueco e inglés). Consultado o 23 marzo 2018. 
  4. "Population in the country, counties and municipalities on 31/12/2017 and Population Change in 2017". SCB (Statistics Sweden) (en sueco e inglés). Arquivado dende o orixinal o 08/03/2018. Consultado o 23 marzo 2018. 
  5. No Limit: Street Art Boras, Sweden 3-10th of September 2017 [plano]

Véxase taménEditar

Ligazóns externasEditar