Boops boops (Linnaeus, 1758), comunmente boga,[1] é un peixe mariño da familia dos Espáridos.

Morfoloxía editar

A boga é un peixe de corpo fusiforme e alargado, semellante ao dos clupeidos. O tamaño habitual é de 15–20 cm, aínda que os machos poden chegar alcanzar os 36 cm de lonxitude total.[2] Ten catro listas lonxitudinais laterais amarelas que percorren o seu corpo. O número de escamas da liña lateral varía entre 60 e 80.

Hábitat editar

Vive en todo tipo de sustratos (area, barro, rocas ou herbazales) ata os 250 metros de profundidade malia que é máis abundante nos primeiros 100 metros. Atópase nas costas do Atlántico oriental (desde Noruega ata Angola, incluíndo as Illas Canarias, Cabo Verde e Santo Tomé e Príncipe), o mar Mediterráneo e o Mar Negro.

Notas editar

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para boga.
  2. FishBase (en inglés)

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar