Bonifacio IV de Montferrato
Bonifacio IV Paleólogo, nado o 21 de decembro de 1512 e finado o 6 de xuño de 1530, foi marqués de Montferrato entre 1518 e 1530.
![]() | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 21 de decembro de 1512 (Gregoriano) ![]() Piemonte, Italia ![]() |
Morte | 6 de xuño de 1530 (Gregoriano) ![]() |
Causa da morte | caída de cabalo ![]() |
![]() ![]() | |
1518 (Gregoriano) – 1530 (Gregoriano) ← Guilherme IX de Monferrato (pt) ![]() ![]() ![]() | |
Outro | |
Título | Marqués ![]() |
Familia | Dinastía Paleólogo ![]() |
Pais | Guilherme IX de Monferrato ![]() ![]() |
Irmáns | Margarida Paleóloga Maria Paleóloga de Monferrato ![]() |
Traxectoria
editarBonifacio IV foi o penúltimo marqués de Montferrato pertencente á dinastía Paleólogo. Sucedeu ao seu pai Guillerme IX, aínda que baixo a rexencia da súa nai, Ana d'Alençon, e o seu tío Xoán Xurxo Paleólogo. En 1519 Bonifacio recibiu a lealdade dos fillos de Oddone de Incisa, herdeiros do marquesado homónimo, que estaba baixo dominio de Montferrato desde tempos de Guillerme IX.
Bonifacio introdúcese na complexa historia da época cando o marquesado de Montferrato foi invadido por Francisco II Sforza debido á alianza do marquesado con Francia, inimigos do Sforza. Bonifacio IV tamén estivo presente na firma da Paz de Cambrai.
Durante anos a política montferrina gradualmente situouse cada vez máis en favor dos imperiais, até o punto de que o emperador Carlos V, o require en varias ocasións no seu séquito.
En 1517, por outra banda, Guillerme IX entregou en matrimonio á súa nova filla María, irmá de Bonifacio, a Federico Gonzaga. Pero pronto Federico se arrepentiu e decidiu repudiar á súa esposa conseguindo que o propio Papa Clemente VII, procedese á súa revisión. Tras a morte de María, Federico casou coa outra irmá de Bonifacio, Margarita.
Bonifacio IV morreu por mor dunha caída do seu cabalo o 6 de xuño de 1530, sen fillos que o sucedesen. Así que se fixo cargo do marquesado o seu tío Xoán Xurxo.