Bombardeo atómico de Hiroshima e Nagasaki

(Redirección desde «Bombardeo atómico de Hiroshima»)

Os bombardeos atómicos de Hiroshima e Nagasaki foron uns ataques nucleares que tiveron lugar o 6 e 9 de agosto de 1945 contra o Imperio do Xapón, obra dos Estados Unidos de América despois de que os dirixentes xaponeses decidiran ignorar o ultimato de Potsdam. Finalmente, despois de seis meses de intenso bombardeo sobre outras 67 cidades xaponesas, a bomba nuclear "Little Boy" lanzouse en Hiroshima o luns 6 de agosto de 1945, seguida o 9 de agosto por "Fat Man", lanzada sobre Nagasaki. O cesamento das hostilidades foi efectivo 6 días despois, o 15 de agosto. A segunda guerra mundial finalizou oficialmente menos dun mes máis tarde pola sinatura do acto de capitulación do Xapón o 2 de setembro de 1945. Son os únicos bombardeos nucleares que tiveron lugar en tempo de guerra.

Bombardeo atómico de Hiroshima e Nagasaki

Tipodíade e bombardeo aéreo dunha cidade Editar o valor en Wikidata
LocalizaciónHiroshima e Nagasaki Editar o valor en Wikidata
Coordenadas34°23′41″N 132°27′17″L / 34.39468002, 132.45462036 e 32°44′59″N 129°52′35″L / 32.749638888889, 129.87625{{#coordinates:}}: Non pode haber máis dunha etiqueta primaria por páxina
Baixas
Hiroshima:

90 000–166 000 mortos

  • 80 000–156 000 civiles
  • 10 000 soldados
Nagasaki:

60 000–80 000 mortos

  • 60 000–80 000 civiles
  • 150 soldados
Composto por
Bombardeo atómico de Hiroshima e atomic bombing of Nagasaki (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Campaña
Guerra do Pacífico (1941-1945) Editar ]
Wikidata ]

O número de falecidos é difícil de cuantificar e só se dispoñen de estimacións. As bombas asasinaron a cando menos 140.000 persoas en Hiroshima e 90.000 en Nagasaki, deica a fin de 1945 (no propio día do bombardeo calcúlanse uns 70.000 mortos en Hiroshima[1] e 40.000 en Nagasaki[2]). A isto engádense os falecementos aparecidos máis tarde debido a diversos tipos de cancros e de patoloxías, atribuídas á exposición á radiación liberada polas bombas.[3] En total, contabilizando o día do bombardeo, calcúlase que nos 5 anos seguintes os mortos superaron os 200.000 en Hiroshima e os 140.000 en Nagasaki[1][2]. Practicamente a totalidade de falecidos eran civís.

Os superviventes das explosións, os hibakusha, tornáronse o símbolo dunha loita contra a guerra e as armas atómicas a través do mundo. Máis tarde Xapón adoptaría os tres principios anti-nucleares de non posesión, non produción, e a prol do desarmamento mundial de armas atómicas.


 
 Este artigo sobre historia é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.