Abrir o menú principal

Bob Keen

director de cinema británico

Robert Keen, máis coñecido como Bob Keen, nado en 1960, é un cineasta británico especializado en cine fantástico e de terror. Traballou como experto en efectos especiais e de maquillaxe, ademais de como director e guionista.

Bob Keen
Nacemento1960
NacionalidadeReino Unido
Ocupaciónmaquiador, director de cine e guionista
editar datos en Wikidata ]

Índice

TraxectoriaEditar

Comezou a traballar no cine como creador de efectos especiais e de maquillaxe de personaxes monstruosos, sendo a película máis coñecida deste período Hellraiser (1987), realizada por Clive Barker. Keen continuaría traballando coa súa compañía, Image Animation, para as sagas de Hellraiser e Candyman, ao mesmo tempo que empezaba a exercer como axudante de dirección e guionista. Debutou a mediados da década dos 90 na realización, sempre dentro do cinema fantástico e de terror, con películas como Proteus (1995) ou The Lost World (1998).

GalardónsEditar

De momento tivo 6 nominacións para os Saturn Awards, sempre na categoría de mellor maquillaxe.[1]

NotasEditar

  1. http://www.imdb.com/name/nm0444571/awards IMDB: Premios para Bob Keen

Véxase taménEditar

Ligazóns externasEditar