Blogroll

artigo de listas da Wikimedia

Un blogroll é unha colección de ligazóns de blogs para atopar máis blogs. Os bloggers (autores dos blog) poden ter diferentes criterios á hora de engadir blogs ao seu blogroll, xeralmente engaden os blogs que visitan a miúdo. Os blogrolls tamén poden estar sindicados.

Os autores de blogs poden definir diferentes e variados criterios para incluír outros blogs nos seus blogrolls. Acotío, a lista doutros enderezos de blogs componse de enderezos que os propios autores visitan a miúdo ou, ás veces, sinxelamente de páxinas de blogs de amigos ou achegados.

Dende un punto de vista puramente intuitivo, blogroll pode ser un acrónimo resultante de dúas verbas de orixe, blog e roll (ou listaxe); entendéndose como "lista de blog".

Os blogrolls existiron bastante antes de que alguén decidise asignarlles un alcume ou nome, e os primeiros dos que se ten constancia datan de 1997, da man do pioneiro do blogging, Chris Gulker.[1]

No tocante á orixe da expresión, existen dúas posibles derivacións:

  • os bloggers dos Estados Unidos sosteñen que o termo provén de logroll, que está relacionado co intercambio de información entre distintas persoas para acadar un obxectivo común;
  • os bloggers do Reino Unido relacionan a palabra blogroll con bog roll (papel hixiénico), baseados na longa lista de enderezos e a dubidosa calidade de moitos blogrolls.

Grazas a formatos como OPML o autor dun blog pode permitir ós visitantes engadir o seu blogroll enteiro.

Notas editar

  1. Jorge Zanoletty. "Blogrolls; Orígenes y Terminología". www.escribirunblog.com (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 09 de febreiro de 2016. Consultado o 31 de xaneiro de 2016.