Blind Melon é unha banda estadounidense de rock alternativo formada no ano 1990 nos Ánxeles, California por tres músicos de Mississippi, un de Pennsylvania e un de Indiana. No presente o grupo está composto polos guitarristas Rogers Stevens e Christopher Thorn, o batería Glen Graham, o vocalista Travis Warren e o baixista Nathan Towne. A banda é principalmente coñecida polo seu éxito de 1993 "No Rain", e tivo éxito tanto de crítica como comercial a principios dos anos 90 co seu rock alternativo con toque de neo-psicodelia.

Blind Melon
OrixeOs Ánxeles, California,
Período1990 - 1999
2006 - 2008
2010 - presente
Xénero(s)rock alternativo, folk rock, rock psicodélico, rock de raíces, blues rock, grunge
Selo(s) discográfico(s)EMI, Capitol Records
MembrosRogers Stevens
Christopher Thorn
Glen Graham
Travis Warren
Nathan Towne
Antigos membrosShannon Hoon
Brad Smith
Artistas relacionadosUnified Theory, Awolnation, Abandon Jalopy
Na rede
blindmelon.com
IMDB: nm3075670 Facebook: blindmelonband Twitter: BlindMelonBand MySpace: blindmelon Spotify: 5sD1ZLf2dGQ9gQ3YJl1eAd iTunes: 533032 Last fm: Blind+Melon Musicbrainz: 38c5cdab-5d6d-43d1-85b0-dac41bde186e Songkick: 460917 Discogs: 261026 Allmusic: mn0000050251 Deezer: 3438 Editar o valor em Wikidata

Blind Melon publicou dous álbums a través do selo Capitol Records, Blind Melon (1992) e Soup (1995), antes de que o seu vocalista orixinal, Shannon Hoon, morrese dunha sobredose de drogas no autobús de xira da banda o día 21 de outubro de 1995 en Nova Orleáns. Despois de catro anos intentando buscar un substituto para Hoon, Blind Melon disolveouse oficialmente en 1999. O resto dos membros reformaron o grupo en 2006 con Travis Warren e gravaron un álbum con el, For My Friends (2008). Pouco despois do seu lanzamento Warren deixou Blind Melon pero volveu a unirse en 2010, cando a banda comezou a realizar concertos ocasionalmente. Blind Melon está traballando no seu cuarto álbum, que está previsto para o ano 2020.[1][2][3]

Discografía editar

Álbums editar

Álbum Ano Selo
Blind Melon 1992 Capitol Records
Soup 1995 Capitol Records
For My Friends 2008 Wishbone Recordings, Rocket Science

Notas editar

  1. "Blind Melon Working on First Album Since 2008". www.ultimate-guitar.com (en inglés). Consultado o 2019-12-23. 
  2. "’90s alt-rockers Blind Melon are working on their first new album in over a decade". Tone Deaf (en inglés). 2018-08-01. Consultado o 2019-12-23. 
  3. "Christopher Thorn of Blind Melon on Sea.Hear.Now, New Music & Shannon Hoon". thepopbreak.com. Consultado o 2019-12-23. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar