Black Swan
Black Swan é un filme de suspense psicolóxico e horror[2][3] dirixido por Darren Aronofsky e estreado en 2010. Está protagonizado por Natalie Portman, Vincent Cassel e Mila Kunis.
O cisne negro | |
---|---|
Ficha técnica | |
Título orixinal | Black Swan |
Director | Darren Aronofsky |
Produtor | Scott Franklin Mike Medavoy Arnold Messer Brian Oliver |
Guión | Mark Heyman Andres Heinz John J. McLaughlin |
Intérpretes | Natalie Portman Mila Kunis Vincent Cassel Winona Ryder Barbara Hershey Christopher Gartin Sebastian Stan |
Música | Clint Mansell |
Fotografía | Matthew Libatique |
Montaxe | Andrew Weisblum |
Estudio | Phoenix Pictures |
Distribuidora | Fox Searchlight Pictures Cross Creek Pictures |
Estrea | 2010 |
Duración | 103 minutos |
Orixe | Estados Unidos |
Xénero | Suspense |
Orzamento | $13 000 000[1] |
Recadación | $329 398 046 |
Na rede | |
http://www.blackswan2010.com/ | |
|
Natalie Portman gañou un Oscar, un Globo de Ouro e o Premio da Asociación de Críticos e Guionistas estadounidenses pola súa actuación neste filme.
Sinopse
editarThomas Leroy (Vincent Cassel), director dunha compañía de ballet de Nova York, decide substituír a bailarina principal da compañía, Beth MacIntyre (Winona Ryder), por Nina Sayers (Natalie Portman) para a nova produción, unha nova versión d'O lago dos cisnes. Beth, anoxada, sofre un accidente e Nina pensa que é a culpable.
Nina vive con Erica (Barbara Hershey), bailarina retirada e unha nai moi autoritaria quen segue a tratala como a unha nena. Atopa competencia en Lily (Mila Kunis), unha talentosa bailarina que acaba de chegar á compañía. Nina é abrumada por unha inmensa presión cando descobre que ten que competir por ser a Raíña Cisne, o que lle causa perdas da noción da realidade.
O Lago dos Cisnes precisa dunha bailarina que poida interpretar o inocente Cisne Branco, moi acaído á personalidade doce de Nina. Porén, tamén ten que ser quen de interpretar o malvado Cisne Negro, que concorda coa personalidade sensual e forte de Lily.
A rivalidade das dúas rapazas torna en amizade. Nina comeza a explorar o seu propio lado escuro, que sobresae cada vez con máis forza.
Personaxes
editar- Natalie Portman como Nina Sayers
- Mila Kunis como Lily
- Vincent Cassel como Thomas Leroy
- Barbara Hershey como Erica Sayers
- Winona Ryder como Beth MacIntyre
- Benjamin Millepied como David Moreau
- Ksenia Solo como Veronica
- Kristina Anapau como Galina
- Janet Montgomery como Madeline
- Sebastian Stan como Andrew
- Toby Hemingway como Tom
Galardóns e nomeamentos
editar- 2010: Oscar á mellor actriz (Natalie Portman). 5 nomeamentos, incluído mellor filme.
- 2010: Globo de Ouro á mellor actriz (Natalie Portman). 4 nomeamentos, incluído mellor filme.
- 2010: BAFTA á mellor actriz (Natalie Portman). 12 nomeamentos, incluído mellor filme.
- 2010: Festival de Venecia: Mellor actriz ou actor moza/o (Mila Kunis).
- 2010: 4 Independent Spirit Awards: mellor filme, director, actriz (Natalie Portman) e fotografía.
- 2010: Satellite Awards: 5 nomeamentos, incluído director e actriz principal (Natalie Portman).
Notas
editar- ↑ Zeitchik, Steven (17 de setembro de 2010). "Darren Aronofsky's 'Black Swan' a feature film of a different feather". The Korea Herald (McClatchy-Tribune Information Services). Arquivado dende o orixinal o 20 de marzo de 2012. Consultado o 4 de febreiro de 2012.
- ↑ "Direct Effect Season 1, Episode 7 Darren Aronofsky of BLACK SWAN". Arquivado 06 de outubro de 2014 en Wayback Machine. Fox Movie Channel Originals. TV Guide. October 8, 2011.
- ↑ "'Black Swan' director Darren Aronofsky likes a challenge". Los Angeles Times. 9 de decembro de 2010
Véxase tamén
editarLigazóns externas
editar- Ficha na IMDb (en inglés)
- Ficha en Filmaffinity (en castelán)
- Páxina Web oficial (en inglés)