Blå Tåget é unha banda sueca de progg. O grupo chamouse orixinalmente Tjalles Horizont, posteriormente Gorillaorkestern e Sound of music ata que en 1969 pasou a coñecerse como Gunder Hägg, o nome dun lendario corredor sueco. En xaneiro de 1972 viuse na obriga de cambiar novamente o seu nome a Blå Tåget por problemas co atleta.

Blå Tåget
OrixeEstocolmo, Suecia Suecia
Período1967 - presente
Xénero(s)progg
Selo(s) discográfico(s)MNW
Na rede
Musicbrainz: 51d62a9f-9752-4962-b57c-44c209966e98 Discogs: 615693 Editar o valor em Wikidata

As súas letras, compostas principalmente por Bengtsson, Rasmusson, Berger e Nylén, cobren un amplo rango de temas, dende análises marxistas e invitacións á revolución ata sátira, crítica da arte, nostalxia da infancia, imaxes da vida diária ou traballos experimentais de art pop.

Un tema recorrente, polo menos nos seus primeiros traballos, é a crítica ao Saltsjöbadsandan, o modelo sueco que mestura capitalismo e socialismo a través da cooperación en lugar d coflito entre o goberno, as grandes corporacións e os sindicatos.

Unha canción desta temática, "Den ena handen vet vad den andra gör", foi versionada pola banda de punk rock Ebba Grön (renomeada como "Staten och kapitalet" e con algunhas das letras omitidas) e converteuse nun éxito en 1980. A día de hoxe é a canción máis coñecida de Blå Tåget.