Birgitta Haukdal
Birgitta Haukdal Brynjasdóttir, máis coñecida como Birgitta, é unha cantante islandesa. É coñecida internacionalmente por representar a Islandia no Festival de Eurovisión 2003 coa canción "Open your heart".
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 28 de xullo de 1979 (45 anos) Húsavík, Islandia (pt) |
Actividade | |
Ocupación | cantante |
Período de actividade | 1999 - |
Xénero artístico | Música pop |
Instrumento | Voz |
Participou en | |
2003 | Festival de Eurovisión 2003 |
En 2003, Birgitta conseguiu a vitoria na preselección nacional do seu país para participar en Eurovisión coa canción "Segðu mér allt" ("Dimo todo").[1] No Festival de Eurovisión 2003 celebrado en Riga alcanzou a oitava posición coa versión en inglés do devandito tema, "Open your heart" ("Abre o teu corazón").[2]
A comezos de ano, participou no Söngvakeppni Sjónvarpsins de 2006 (a preselección nacional islandesa para participar en Eurovisión) coa canción "Mynd Af Þér" ("Unha imaxe de ti"). Non obstante, non puido conseguir o billete para representar a Islandia en Atenas.
Notas
editar- ↑ Selección islandesa 2003
- ↑ "Festival de Eurovisión 2003". Arquivado dende o orixinal o 12 de setembro de 2013. Consultado o 05 de setembro de 2013.