Biografisch Portaal

O Portal biográficos dos Países Baixos (en neerlandés: Biografisch Portaal Nederland) abreviado como BioPort ou BPN, é un sitio web do Instituto Huygens de Historia dos Países Baixos (Huygens ING) que realiza unha rexistro de autoridades na historia dos Países Baixos.[1] Segundo a prensa da época do seu lanzamento é unha especie de "mausoleo dixital".[2]

Biografisch Portaal
Tipoorganización e biographical database
Data de fundación2009
PaísPaíses Baixos
Na rede
http://www.biografischportaal.nl
editar datos en Wikidata ]

En marzo de 2015 xa contiña máis de 125.641 biografías sobre 80.133 neerlandeses: persoas que naceron en Holanda ou tiveron un papel importante na historia. Non acepta os datos de persoas vivas e só publica os datos das persoas que tiveron un papel na historia dos Países Baixos. O rexistro segue a medrar con novas institucións que están afiliadas e por proxectos específicos, como por exemplo artistas ou mulleres famosas, un grupo ata hai pouco esquecido nos repertorios biográficos tradicionais.[3]

Notas editar

  1. Nota de prensa sobre o lanzamento da páxina (en neerlandés) febreiro de 2010
  2. "Bekende Nederlanders in digitaal mausoleum". NRC (en neerlandés). 16 de febreiro de 2010. 
  3. Kloek, Els (20 de outubro de 2012). "Natuurlijk was Kenau een heldin". Trouw (en neerlandés). 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar