Biofarma

(Redirección desde «BioFarma»)

BioFarma é o nome co que se coñce o "grupo de investigación GI-1685", que estuda a bioloxía de membranas e mecanismos de transdución de sinaies en farmacoloxía aplicada.

Foi creado en 2005 e comprende dous centros de investigación, o departamento de Bioloxía Celular, localizado na Facultade de Bioloxía, e o departamento de Farmacoloxía, localizado no Edificio CiMUS (Centro de Investigación en Medicina Molecular e Enfermidades Crónicas), ambos os dous pertencentes á Universidade de Santiago de Compostela.

BioFarma é un grupo transdepartamental con expertos investigadores en distintas disciplinas e en distintos campos da Bioloxía, a Farmacoloxía, a Química e a Bioinformática.

O grupo de investigación BioFarma está coordinado pola catedrática Mabel Loza García.[1]

Notas editar

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar


 
 Este artigo sobre ciencias é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.