William Stephen Belichick (AFI: [ˈbɛlᵻtʃɪk]), nado o 16 de abril de 1952 en Nashville, Tennessee, é un adestrador estadounidense de fútbol americano que actualmente traballa como adestrador xefe dos New England Patriots da National Football League (NFL). Como adestrador deste último equipo gañou catro Super Bowl.[1]

Bill Belichick
New England Patriots
Posición:Adestrador
Información persoal
Nacemento:16 de abril de 1952 (71 anos)
Lugar:Tennessee Nashville, Tennessee
Información da carreira
Instituto:Phillips Academy Andover
Universidade:Wesleyan
Historial de equipos
Como adestrador:
Asistente especial
Asistente de equipos especiais e adestrador de receptores
Asistente de equipos especiais e asistente defensivo
Equipos especiais, asistente defensivo, linebackers, coordinador defensivo
Adestrador asistente
Adestrador asistente, coordinador defensivo
Premios e galardóns
  • Super Bowl (XXI, XXV, XXXVI, XXXVIII, XXXIX, XLIX, LI)
  • 3× Adestrador do Ano (2003, 2007, 2010)
Estatísticas como adestrador en PFR

Traxectoria editar

Tras quince temporadas na NFL como adestrador asistente en Baltimore Colts, Detroit Lions, Denver Broncos e New York Giants, Belichick conseguiu o seu primeiro traballo como adestrador xefe en 1991 nos Cleveland Browns. Nas súas cinco temporadas adestrando en Cleveland só tivo unha temporada cun balance de vitorias positivo, polo que foi despedido. Tras pasar como asistente en New England Patriots e New York Jets, volve aos Patriots como adestrador xefe no ano 2000. Desde entón, xunto co quarterback Tom Brady, conquistou cinco Super Bowls (XXXVI, XXXVIII, XXXIX, XLIX e LI).

Foi nomeado tres veces adestrador do ano (2003, 2007 e 2010). Cómpre destacar a súa temporada 2007, onde conseguiu levar aos Patriots á Super Bowl invicto, sendo o primeiro adestrador da historia en conseguilo. Con todo, pese a ser favoritos para levarse o título, os Patriots perderon na final ante os New York Giants de Eli Manning.

Notas editar

  1. "Patriot's Biography of Mr. Bill Belichick". Arquivado dende o orixinal o 18 de xaneiro de 2017. Consultado o 20 de decembro de 2016. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar