Bienal de Cerveira

bienal de arte en Vila Nova de Cerveira (Portugal)

A Bienal Cerveira é unha exposición de arte que se realiza cada dous anos en Vila Nova de Cerveira, Portugal, desde 1978. A súa fundación débese a artistas como o pintor Jaime Isidoro[1] e o escultor José Rodrigues.

Escultura do Cervo, por José Rodrigues

A histórica bienal reúne unha lista de artistas destacados, moitos deles ao comezo da súa carreira profesional: de Ângelo de Sousa a José Pedro Croft, de Fernanda Fragateiro a Rute Rosas, de Jorge Molder a Ana Vidigal,[2] e Inês Osório, gañadora da 16ª Bienal.

Historia editar

A Bienal Cerveira ten un pasado histórico de máis de tres décadas de existencia. Falar dos seus inicios implica contextualizar un período que abrangue a transición democrática de 1974. Como corolario do réxime posditatorial, era necesaria a intervención artística como modelo recuperado de libre expresión. As ansias creativas, até entón reprendidas, foron fortemente pronunciadas.

Neste contexto xorden os Encontros Internacionais de Arte, cuxa organización estivo a cargo do Grupo Álvarez do Porto e Jaime Isidoro. O obxectivo era establecer a creación de espazos libres para a intervención na rúa, elevando o diálogo entre arte / poboación ao seu máximo expoñente, mediante un contacto cara a cara co artista.

Lemos Costa, alcalde de Vila Nova de Cerveira na altura, consciente do valor da interferencia da arte no desenvolvemento social, proporcionou un ambiente excepcional para a realización da súa V edición dando así­ orixe á I Bienal de Arte de Vila Nova de Cerveira. Tendo ocorrido entre os días 5 e 12 de agosto de 1978, esta ‘Gala da Arte portuguesa e estranxeira’, visaba o intercambio de ideas como un impulsor de transformacións e unha urxente mudanza económica, social e cultural. Baixo o lema de levar a arte á rúa, a Bienal Internacional de Arte de Cerveira afirmouse como un evento de referencia, dos máis marcantes das artes plásticas no país.

Após tres décadas de existencia, a Bienal de Cerveira é hoxe unha marca con notoriedade nacional e internacional. Cultivando e estimulando a creatividade da rexión, ten vido a atraer o público a un ritmo crecente e a ampliar o seu foco xeográfico promovendo exposicións en espazos culturais situados noutros concellos do Val do Minho e de Galiza. Este fenómeno de descentralización e internacionalización cultural vén proporcionando un espazo de encontro, interacción, difusión de ideas e unha oportunidade de proxección para artistas nacionais e internacionais.

A Bienal de Cerveira é organizada pola Fundação Bienal de Cerveira.

16ª Bienal de Cerveira editar

A Bienal Cerveira, a bienal de arte máis antiga de Portugal, é un evento dirixido a promover a arte contemporánea, sustentado por unha notoriedade e reputación nacional e internacional erixida hai máis de 30 anos. O evento combina a arte nas súas diversas expresións cun espazo territorial caracterizado pola súa alta calidade de vida.

O concepto da 16ª edición encadrouse nun escenario contemporáneo dun mundo globalizado por redes –de contactos, de artistas, de residencias– transversais a unha rede dixital. O espazo privilexiou a presenza de artistas e o intercambio cultural de coñecementos e experiencias a través da organización de obradoiros, workshops, debates, e outras actividades.

Dando continuidade ao modelo implementado desde a súa primeira edición (1978), o programa da 16ª Bienal de Cerveira incluíu:

  • Curadorías e Proxectos internacionais;
  • Concurso internacional;
  • Homenaxe ao escultor José Rodrigues;
  • Actuacións;
  • Artistas convidados;
  • Residencias artísticas;
  • Workshops e ateliers;
  • Conferencias e debates;
  • Visitas guiadas;
  • Concertos.

Salvando toda a esencia que rodea a Bienal Cerveira, a intención desta edición era favorecer a modernización e internacionalización do evento, mellorando o seu concepto. Esta reformulación foi apoiada por ON.2 O Novo Norte, sendo cofinanciada polo FEDER (Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional).

Notas editar

  1. Julião, Paulo. "DN Online - O pintor que teimou na Bienal de Cerveira". dn.sapo.pt (en portugués). Arquivado dende o orixinal o 26 de decembro de 2008. Consultado o 21 de maio de 2021. 
  2. "30 Anos da Bienal de Cerveira". lazer.publico.clix.pt (en portugués). Consultado o 12 de maio de 2021. [Ligazón morta]

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar