Bicicleta, cullera, poma

filme de 2010 dirixido por Carles Bosch i Arisó

Bicicleta, cullera, poma (en galego, Bicicleta, culler, mazá) é un filme documental de 2010 dirixido por Carles Bosch e gravado en HDCam.

Bicicleta, cullera, poma
Ficha técnica
MúsicaJosep Sanou
OrixeCataluña
Na rede
IMDB: tt1710542 Filmaffinity: 348550 Allocine: 186126 Rottentomatoes: m/bicicleta_cullera_poma Allmovie: v527169 Editar o valor em Wikidata

O 20 de outubro de 2007, Pasqual Maragall, expresidente da Generalitat de Catalunya e exalcalde de Barcelona, anunciou publicamente que padecía Alzhéimer. Bicicleta, cullera, poma recolle o proceso vital e a loita de Pasqual Maragall e a súa familia contra unha doenza que afecta a millóns de persoas en todo o mundo. Precisamente, "bicicleta", "culler" e "mazá" son tres palabras utilizadas na exploración clínica da memoria a curto prazo.[1]

A cámara do director Carles Bosch seguiu durante dous anos a Maragall e a súa familia na vida cotiá. Entre outras, retratou as visitas ao neurólogo, escenas familiares na súa masía de Rupià (na comarca xironesa do Baix Empordà), a celebración da vitoria de Barack Obama na sede do Partido Demócrata en Nova York (á que asistiu Maragall como convidado) ou reunións do Padroado da Fundación Pasqual Maragall para a Investigación do Alzhéimer.

Bicicleta, cullera, poma proxectouse por primeira vez no Festival Internacional de Cine de Donostia de 2010. Participou na Sección Oficial Fóra de Competición.

Argumento editar

No outono de 2007, Pasqual Maragall foi diagnosticado de Alzhéimer. Despois do impacto inicial, el e a súa familia embárcanse nunha cruzada contra a doenza, e dende o primeiro paso a película convértese nun testemuño excepcional. Con intelixencia, sinceridade e bo humor, Maragall déixase retratar coa súa familia e os médicos para rexistrar o día a día da súa loita persoal. Dous anos de seguimento dun paciente totalmente disposto a que dende a ciencia se atope unha cura, antes de que o número de 26 millóns de pacientes en todo o mundo se multiplique por 10. Unha película dura mais, malia todo, optimista.

Premios editar

Notas editar

  1. TV3 a la carta, ed. (19 de setembro de 2010). "Maragall, a Sant Sebastià amb "Bicicleta, cullera, poma"". 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar