Biblioteca Municipal Juan Fernández Latorre

biblioteca pública en Ortigueira

A Biblioteca Municipal Juan Fernández Latorre é unha biblioteca pública que foi inaugurada en xaneiro de 2005 en Ortigueira. Ten a súa sede nas antigas escolas, e débelle o seu nome a Juan Fernández Latorre, empresario e político galego.

Vista parcial do piso superior.
Vista parcial do piso superior.

No seu interior ten sala de lectura para adultos, sala infantil, hemeroteca, sala de autores locais e o Arquivo Histórico Municipal. Dispón de préstamo de libros, revistas, CD e libros electrónicos, así como wifi e outros servizos.[1]

Desenvolve diversas actividades de promoción da lectura.

A distribución do inmoble, no 2024, incluía, na súa planta primeira, as salas xuvenil e de adultos e a sala multimedia. Na planta baixa, a oficina, hemeroteca, sección local, sala infantil, reprografía, arquivo histórico, sala de reunións, dirección e concellería de Educación. En ambas plantas dispoñía de aseos e cobertura wifi.

Galería de imaxes editar

Notas editar

  1. "Biblioteca Municipal". Biblioteca municipal. Consultado o 20 de xaneiro de 2024. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar