Bión de Proconeso

Bión de Proconeso (en latín Bion, en grego antigo Βίων) foi un historiador grego contemporáneo de Ferécides de Siros, e que viviría arredor do -560. Nacera en Proconeso.

Infotaula de personaBión de Proconeso
Biografía
Actividade
Ocupaciónhistoriador Editar o valor em Wikidata
LinguaGrego antigo Editar o valor em Wikidata

Traxectoria

editar

É mencionado por Dióxenes Laercio quen di que foi autor de dúas obras, cuxa natureza non indica. De Clemente de Alexandría pódese deducir que unha destas obras era un resumo dunha antiga obra de Cadmo de Mileto [1].

  1. 1.Bion of Proconessus en: William Smith (editor), A Dictionary of Greek and Roman biography and mythology. Vol. I. Boston: Little, Brown & Comp., 1867, p. 488