Betoniyö

filme de 2013 dirixido por Pirjo Honkasalo

Betoniyö é un filme de 2013 dirixido por Pirjo Honkasalo. O filme baséase na novela homónima de Pirkko Saisio que foi publicada en 1981. A historia foi anteriormente adaptada ao teatro e foi representada en Finlandia e Venezuela.[1] Betoniyö estreouse no Festival Internacional de Cinema de Toronto na sección Masters Series en setembro de 2013. Foi rodado na área de Helsinqui, en Finlandia entre setembro e outubro de 2012.[2] Foi producido por Misha Jaari e Mark Lwoff da produtora Bufo e foi coproducido pola sueca Plattform Produktion e a dinamarquesa Magic Hour Film. Foi escollido como candidato de Finlandia para o Óscar ó mellor filme en lingua non inglesa na 87ª edición dos premios, mais finalmente non foi nomeado.[3][4]

Betoniyö
Ficha técnica
Título orixinalBetoniyö
DirectorPirjo Honkasalo
ProdutorMark Lwoff
Misha Jaari
GuiónPirjo Honkasalo
Pirkko Saisio
Baseado enBetoniyö de Pirkko Saisio
IntérpretesJohannes Brotherus
Jari Virman
Anneli Karppinen
Juhan Ulfsak
FotografíaPeter Flinckenberg
MontaxeNiels Pagh Andersen
EstudioBufo
Magic Hour Films
Plattform Produktion
Estrea7 de setembro de 2013
Duración93 minutos
OrixeFinlandia Finlandia
Suecia Suecia
Dinamarca Dinamarca
XéneroDrama
Na rede
http://www.concretenight.com
IMDB: tt2405182 Filmaffinity: 400602 Rottentomatoes: m/betoniyo Allmovie: v587441 Editar o valor em Wikidata

Notas editar

  1. "press release of Finnish Foreign Ministry (in Finnish)". Arquivado dende o orixinal o 21 de setembro de 2013. Consultado o 8 de abril de 2013. 
  2. Article about Concerte Night on Screen Daily
  3. YLE (ed.). "Betoniyö Finlands Oscarskandidat". Consultado o 2 de setembro de 2014. 
  4. Hollywood Reporter (ed.). "Oscars: Balkans and Baltics Choose Submissions for Best Foreign-Language Film Race". Consultado o 17 de setembro de 2014. 

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar