Bericiformes
(Redirección desde «Beryciformes»)
Os Bericiformes (Beryciformes) son unha orde de peixes con espiñas nas aletas (superorde Acantopterixios ou Acanthopterygii), primitivos, con poucas familias e especies. A maior parte viven nos mares tropicais e a grandes profundidades.
Bericiformes | |
---|---|
Beryciformes Albert Günther 1880 ![]() | |
![]() | |
Istancia de | taxon ![]() |
Categoría taxonómica | orde ![]() |
Taxon superior | Acantopterixios, Actinopterixios, Berycimorphaceae e Actinopteri ![]() |
Fontes e ligazóns | |
ITIS | 166083 ![]() |
OTT | 587933 ![]() |
[ Wikidata ] [ C:Commons ] |

Características
editarO trazo característico é a presenza de espiñas moi fortes nas aletas. Tamén presentan na cabeza unhas grandes depresións cheas de substancia mucosa.
Na aleta caudal, 16 a 19 raios principais; nas aletas pelvianas, máis de 5 raios brandos.
Tódalas especies mostran unha modificación da parte anterior dos canais sensoriais supraorbital e infraorbital chamado órgano de Jakubowski.
Clasificación
editarDivídense en 3 subordes e sete familias:
- Suborde Berycoidei
- Familia Berycidae
- Suborde Holocentroidei
- Familia Holocentridae
- Suborde Trachichthyoidei
- Familia Anomalopidae
- Familia Anoplogastridae
- Familia Diretmidae
- Familia Monocentridae
- Familia Trachichthyidae
Véxase tamén
editarLigazóns externas
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Bericiformes |
Wikispecies posúe unha páxina sobre: Bericiformes |